[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases reguladoras de axudas ás Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de ConfrarÍas
da Provincia de Pontevedra 2005

Bases | Solicitude

Bases

1.— PRINCIPIOS XERAIS
A Deputación de Pontevedra, co fin de apoiar as Confrarías de Pescadores da provincia no sostemento dos gastos derivados do desenrolo das suas funcións, convoca o presente programa de subvencións, conforme ó disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local e na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

2.— OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 05/711.711.779.02, para axudas ás Confrarías de Pescadores, cun crédito inicial de douscentos corenta mil (240.000,00) euros.

3.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN
As axudas a conceder para infraestructuras e equipamento, poderán ser referidas ás seguintes materias:

  1. Equipamento para a execución das labores de vixiancia.
  2. Equipamento das lonxas, varadoiros, puntos de control, etc.
  3. Reparación e Acondicionamento dos edificios sociais.
  4. Outras inversións relativas á seguridade, higiene e saúde no traballo.

As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, cun máximo de trinta mil (30.000,00) euros.

O Ilmo. Sr. Presidente ou a Junta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión.

4.— BENEFICIARIOS
Poderán optar as axudas contidas na presente convocatoria as Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías, e Asociacións de Confrarías da provincia de Pontevedra, que deberán cumprir có establecido no artigo 14, referente ás obrigas dos beneficiarios, da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

5.— FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes asinadas polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra segundo o modelo que se adxunta, achegándose tamén a seguinte documentación:

  1. Memoria explicativa do investimento que se vai realizar, que fará mención ás persoas beneficiadas directa ou indirectamento pola axuda e o calendario fixado.
  2. Especificacións técnicas dos investimentos que se prevexa realizar, así como presuposto desglosado dos mesmos.
  3. Certificación dos datos bancarios da entidade.
  4. Fotocopia da tarxeta do CIF da entidade.
  5. Certificacións de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais ou autonómicas.

A documentación que se entregue en fotocopia ha de vir debidamente compulsada.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 5 deberá ser enmendado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais presentándose no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

7.— VALORACIÓN DOS INVESTIMENTOS
As actuacións serán valoradas polos Servicios Técnicos da Deputación unha vez vistas as solicitudes correspondentes, tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • Número de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos.
  • Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos.

As Confrarías beneficiadas deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realicen.

8.— XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO
Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, os beneficiarios deberán cumprir có establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, relativo á xustificacións das subvencións públicas, debendo presentar na Deputación Provincial os seguintes documentos:

  • Facturas orixinais, ou fotocopia compulsada das mesmas, dos investimentos realizados, na que deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, coa data do día no que se presente dita xustificación.
  • Certificación oficial, expedida polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estos investimentos a outras Administracións Públicas e a súa contía en relación co presuposto total do investimento.

Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade das actuacións.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial. No obstante, despois de solicitude razoada do beneficiario da subvención poderá autorizarse o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou presuposto da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Esta solicitude deberá presentarse antes dos tres meses do fin de prazo inicial de xustificación.

Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos.

9.— PRAZO DE XUSTIFICACIÓN
A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2006.

10.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realizen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

11.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, no reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

12.— PARA O NON PREVISTO NAS PRESENTES BASES
Contemplarase o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. (BOE núm. 276, de 18/11/2003).



Boletín Oficial da Provincia, data 20/05/05, número 96, páxina 10, anuncio 2005004418.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/05/2005 09:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/