[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases reguladoras de axudas para adquisición de semente
para rexeneración dos bancos marisqueiros
da provincia de Pontevedra

Bases | Solicitude | Anexo I

Bases

1.— PRINCIPIOS XERAIS
A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia que o marisqueo ten dentro da actividade económica galega, propiciada por las excepcionais condicións naturais que concorren nas rías e augas marítimas interiores, establece axudas económicas para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, que se rexerán polas presentes bases.

2.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitúe o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que otorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de cento sesenta mil (160.000,00) euros con cargo á partida presupostaria 05/711.711. 479.01, para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra.

3.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN
As axudas destinaránse á adquisición de semente, de tamaño preferente de 12-15 mm de longitud para a rexeneración dos bancos marisqueiros, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada.

O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión de estas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión.

4.— BENEFICIARIOS
Poderá solicita-la axuda as Confrarías de Pescadores e Asociacións de Confrarías da provincia de Pontevedra, que cumpran cás obrigas dispostas no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo ás obrigas dos beneficiarios.

5.— FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes asinadas polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, dirixiránse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación:

  • Copia do plan de explotación marisqueira para o ano 2005.
  • Memoria explicativa das accións de rexeneración a desenvolver no ano 2005 nos bancos marisqueiros do ámbito territorial da Confraría ou entidade, cos obxectivos, cronograma e accións de seguimento, segundo o Anexo I asinado polo Biólogo.
  • Presuposto da empresa que suministra a semente.
  • Certificación dos datos bancarios da entidade.
  • Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade.
  • Certificacións de estar ó corrente de pago coa Seguridades Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.

O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezcan sobre a actuación proposta.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas suxeitas á presente convocatoria poderánse solicitar dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

7.— VALORACIÓN DO PROXECTO
Os proxectos serán valorados polos Servicios Técnicos da Deputación unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

  • Nº de persoas beneficidas pola actuación ata un máximo de 10 puntos.
  • Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos.

8.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse tendo en conta o no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas, e mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopia compulsada das mesmas. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade coa data do día no que se presente dita xustificación.

Así mesmo, deberán presentar unha certificación do Biólogo da Confraría ou entidade, conforme as accións foron realizadas e unha declaración expedida polo Patrón Maior ou Presidente, no que conste se se solicitaron e/ou obtiveron axudas para estas actuacións doutras Administracións Públicas, e a súa contía con respecto ó gasto total realizado.

Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade das accións.

A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase antes do 31 de marzo do 2006, se ben antes de finaliza-lo prazo, poderá ampliarse solicitando prórroga pola entidade interesada.

Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos.

9.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións o portunas, reflictindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

10.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11.— NO NON PREVISTO NESTAS BASES
Estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.



Boletín Oficial da Provincia, data 20/05/05, número 96, páxina 4, anuncio 2005004416.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/05/2005 09:23
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/