[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Escola de Canteiros

Becas de Estudos para o ano 2005

Anuncio

Anuncio

Convocatoria de quince Becas de Estudos para o ano 2005

BASES

1ª.— As becas convocadas están dotadas con 601,01 € cada unha e poderán optar a elas os que reúnan calquera destas condicións:

  1. Ser natural da provincia de Pontevedra.
  2. Residir actualmente na provincia de Pontevedra, levando cinco anos de residencia en calquera dos seus Municipios.

2ª.— Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial, solicitude dirixida o llmo. Sr. Presidente, durante o prazo de quince días naturais seguintes a inserción desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación de nacemento para os nacidos na provincia de Pontevedra ou de residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus Municipios, expedida pola Alcaldía correspondente.
  2. Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudos, tanto dos efectuados na propia Escola de Canteiros como en calquera outro Centro de Ensinanza.
  3. Fotocopia da última declaración da Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou empresa na que presten servizos se non fixesen declaración da Renda, que poderá substituírse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración da Renda.
  4. Fotocopia do Libro de Familia para acreditar o número de membros que a compoñen.

3ª.— Co fin de discernir os méritos dos aspirantes e propor a Corporación os que resulten seleccionados, constituirase un Tribunal integrado polos seguintes membros:

  • Presidente:
    - O titular da Deputación ou Deputado no que delegue.
  • Vocais:
    - O Deputado Presidente da Comisión de Cultura.
    - Un representante da Delegación Provincial da Consellería de Cultura.
    - Director da Escola de Canteiros.
    - O Xefe do Servicio de Cultura.
  • Secretario:
    - O titular da Corporación ou funcionario no que delegue.

4ª.— Rematado o prazo de presentación de solicitudes, reunirase o Tribunal e a vista dos méritos e medios económicos dos solicitantes, formulará proposta a Corporación dos que consideren acredores das Becas por orde de preferencia.

5ª.— Unha vez rematado cada curso, os becarios presentarán na Sección de Cultura da Deputación, certificación académica das cualificacións obtidas.

6ª.— As Becas prorrogaranse anualmente ata o remate do ciclo de estudos os que aproben o curso completo nas convocatorias de xuño e setembro.

7ª.— A interpretación e aplicación das presentes Bases queda reservada o Tribunal, quen resolverá igualmente aqueles extremos non previstos nas mesmas. Pontevedra, a 18 de maio de 2005.—O Presidente Executivo, ilexible.—O Secretario da Escola, ilexible. 2005004654

Pontevedra, a 18 de maio de 2005
O PRESIDENTE EXECUTIVO
ilexible
O SECRETARIO DA ESCOLA
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 26/05/05, número 100, páxina 9, anuncio 2005004654.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 08:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/