[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Padroado de Turismo Rías Baixas

Bolsa de técnico superior en Sistemas
de Telecomunicacións e Informática

Anuncio

Anuncio

Convocatoria polo procedemento de concorrencia competitiva dunha bolsa de colaboración co Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas.

De conformidade coa proposta do director-xerente de Turismo Rías Baixas e en virtude das facultades que me confire a base 15-2, a) das aprobadas para a execución do orzamento do Padroado, este convoca unha bolsa de técnico superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informática para o control, mantemento e xestión dos equipos informáticos, sistemas de telefonía, redes e equipos electrónicos do Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas.

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto a realización de tarefas de control, mantemento e xestión dos equipos informáticos, sistemas de telefonía, redes e equipos electrónicos do Padroado Provincial Turismo Rías Baixas, así como o control, mantemento e xestión das bases de datos actuais ou futuras relacionadas coa xestión interna e as actividades propias do Padroado.

2.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reunir as seguintes condicións:

  1. Ser español ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Non contar con máis de vintecatro anos no momento da convocatoria.
  3. Estar en posesión do título de técnico superior en Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa validación ou recoñecemento de solicitar a bolsa.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
  6. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  7. O bolseiro, en caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro seguro privado deberá suscribir unha póliza de seguro de asistencia médica.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 € brutos /mes, que se imputará á partida 05/875-751-481.01 do orzamento de Turismo Rías Baixas.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do Padroado Provincial de Turismo no rexistro deste (Pza. Sta. María s/n. Pontevedra) e nos rexistros e lugares a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma norma, no prazo de 15 días naturais dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Técnico Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informática, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.
  6. Tarxeta da Seguridad Social ou Seguro Médico.

5.— COMISIÓN SELECCIONADORA
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • O presidente do Padroado, ou membro en quen delegue.
  • Vocais: O interventor do Padroado de Turismo e o director-xerente do Padroado de Turismo Rías Baixas.
  • Secretario: o do Padroado de Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira en quen delegue.

Tódolos membros terán voz e voto.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de seis puntos.
  2. Outros méritos, ata un máximo de dous puntos.
    1. Por ter realizado ciclos de especialización relacionado coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de dous puntos.
  3. Coñecemento de idiomas, ata un máximo de dous puntos.
    1. Por cada curso de idiomas impartido en centros ou colexios oficiais, de 60 horas de duración como mínimo, 0,20 puntos, ata un máximo de 2 puntos.
  4. As tres primeiras notas pasarán unha entrevista persoal, que se valorará ata un máximo de cinco puntos.

A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorra un mes, contados a partir da publicación da convocatoria. Transcorrido este prazo, entenderanse desetimadas as peticións presentadas.

7.— RESOLUCIÓN
O presidente do padroado, á vista da proposta da comisión seleccionadora, adxudicará a bolsa ó aspirante que obteña maior puntuación no proceso de selección. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial.

8.— OBRIGAS DO PADROADO

  1. Pagamento mensual da bolsa pola cantidade bruta de 841,41 euros.
  2. Suscrición dunha póliza de seguro de accidentes.
  3. Facilitación dos medios necesarios para que o bolseiro desempeñe as súas funcións.

9.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou na sede de Turismo Rías Baixas.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina de Turismo Rías Baixas co fin de promocionar o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e beneficiarse desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial co Padroado Provincial de Turismo, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa.
  6. Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
  7. Desenvolver a actividade obxecto da colaboración cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a dirección.
  8. Presentar ante o Padroado, no prazo dun mes a partir da finalización dos traballos de colaboración, un informe final explicativo do labor realizado.
  9. Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, estarán suxeitos ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei xeral de subvencións. Así mesmo, estarán os bolseiros obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida polo Tribunal de Contas.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
As dúbidas que puideran xurdir durante a fase do concurso e da vixencia da bolsa serán resoltas polo Consello Reitor, previos informes do secretario e do interventor.

11.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó previsto na Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de abril de 2005
O PRESIDENTE
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 07/06/2005, número 108, páxina 22, anuncio 2005005145.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/09/2007 08:33
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/