[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3
CURSOS 

Deputación de Pontevedra
Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

SELECCIÓN ALUMNOS/AS CURSO DE PALETIZADOR

Anuncio | Bases
Solicitude | Modelo Curriculum
Lista de admitidos

Bases

Bases reguladoras da acción formativa de paletizador/a do Proxecto Cidade + (Interreg III-A)

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 12 prazas no Curso de Paletizador/a, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.

Este curso ten una duración de 80 horas. A formación realizarase en MIVISA ENVASES S.A.U. ( Polígono Industrial do Salnés – Ribadumia ), establecéndose tres quendas en horario de mañá (8:00 a 13:00), tarde (15:00 a 20:00) e noite ( 22:00 a 3:00). A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Xullo e Agosto de 2005, con data posible de comezo o 26 de Xullo. O curso acóllese ó Convenio Marco e existe un compromiso de contratación por parte de MIVISA ENVASES S.A.U. do 50%.

2.— CONTIDO DO CURSO

  1. Identificación dos elementos de traballo: palets, paletizadora
  2. Importancia da revisión de botes e tapas
  3. Defectos máis comúns: na tapa básica; na tapa de fácil apertura; debidos á follalata; propios do vernizado; propios da litografía; no bote terminado; na costura; na pestana; nos cerres; outros.
  4. Preparación dos materiais para o paletizado.
  5. Cumplimentación de documentación de control.
  6. Operacións coa máquina.
  7. Coordinación cos operadores de carretillas elevadoras
    1. Tipos de partes e etiquetas
    2. Procedemento de manexo e recheo de documentación.
  8. Riscos específicos do posto de traballo.

3.— BOLSAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha bOLSA por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.

Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (segundo sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € ou 12 € por día ó alumno que non asista ó curso.

4.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS:
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes que posúan autorización de residencia e traballo.
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA:
    • Data de antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.

5.— SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). O prazo máximo de recollida de solicitudes é dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación das bases no taboleiro da Deputación e na páxina web.

6.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
  • Certificado de antigüidade no INEM.

7.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: A deputada delegada do Servizo de Acción Social, promoción de emprego e muller ou en quen delegue.
  • Secretario; O da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais:
    - A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    - As técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.
    - Un representante da Fundación Galicia Emigración.
    - Un representante da empresa Mivisa S.A.

8.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

  • VALORACIÓN DO CURRÍCULO
    O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

    REQUISITOBAREMO
    criteriopuntos
    Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
    De 6 a 12 meses1
    Menos de 6 meses0.5
    Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
    De 6 a 120.5
    Recursos económicosSi non ten ingresos0.5
    Formación relacionadapor curso0.25
    Máximo1.5

  • ENTREVISTA PERSOAL
    A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo. Para superar a entrevista terá que obter unha puntuación superior a 2.5.
    As entrevistas realizaranse cinco días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, en horario de 9:00h. a 13:00h., no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.
    A selección de usuarios/as para a entrevista realizarase por rigoroso orden alfabético de apelido.

9.— PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte da realización das entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10.— RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

En Pontevedra a 28 de Xuño de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/07/2005 13:37
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/