[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Axudas á pesca costeira artesanal

Bases | Modelo de solicitude

Bases

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 17 de xuño de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordos:

BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2005

Vistos os informes do Director Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o enxeñeiro director do Servizo Agrario e a bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o informe de Asesoría Xurídica e a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido pola Intervención por importe de sesenta mil euros (60.000,00 €) con cargo á partida 711.711.779.02, acórdase por unanimidade aprobar as “Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2005”.

1.— OBXECTO
Subvención de investimentos realizados para a mellora de embarcacións con eslora de ata 7 m entre perpendiculares (Epp), adicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra.

Neste programa concederánse axudas económicas cun crédito inicial de SESENTA MIL (60.000,00) EUROS, con cargo á partida presupostaria 05/711-711-779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, para a súa concesión, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión.

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA

  1. Poderase subvenciona-los equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, así como de seguridade, nos que nunca se incluirán reparacións, nin material usado.
  2. As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes:
    1. Equipamento:
      • Halador ata 1.000 euros
      • Sonda ata 600 euros
      • VHF ata 300 euros
      • Radar ata 700 euros
      • GPS ata 500 euros
    2. Outros equipamentos:
      • Valoraranse as axudas en base ós presupostos presentados.

3.— BENEFICIARIOS

  1. Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais e persoas xurídicas, con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda, e cumpran có establecido no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo ás obrigas dos beneficiarios.

    Se a obra de mellora require autorización da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o solicitante deberá ser titular da mesma a cal deberá estar en vigor.

  2. As embarcacións deberán estar inscritas no censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. As axudas deben estar xustificadas como data límite o 31 de marzo do ano 2006.
  4. O límite máximo dos investimentos sobre os que se aplicarán as axudas será de NOVE MIL (9.000,00 €) EUROS.
  5. Os beneficiarios das axudas non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación.
  6. Para acceder ás axudas deberán xustificarse unhas vendas mínimas, que se establecen no exercicio do 2004 na cantidade de SEIS MIL (6.000,00) EUROS.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  1. As solicitudes de axudas deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte:
    1. Presuposto do investimento.
    2. Copia compulsada do Permiso de Explotación.
    3. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
    4. Fotocopia compulsada do DNI.
    5. Certificación expedida por unha vendeduria legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2004.
    6. Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas.
    7. Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol.
    8. Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación.
    9. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
    10. Certificación dos datos bancarios.

5.— VALORACIÓN DO PROXECTO

  1. Os proxectos serán valorados polo Órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:
    • Importe das vendas xustificadas para o exercicio 2004 ata un máximo de 10 puntos.
    • Si é a primeira vez que recibe unha axuda polas inversións que figuran nas bases ata un máximo de 10 puntos.
  2. Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse cumprindo có disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas, e mediante a presentación de facturas orixinais pagándose ó 40% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servicio Agrario, informarán sobre a realidade do investimento.
  3. Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración.
  4. Non se poderán conceder estas axudas ós solicitantes que percibiran axudas polo mesmo concepto nos últimos cinco anos.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN

  1. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

7.— RESPONSABILIDADES

  1. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

8.—
No non previsto nestas Bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Pontevedra, 23 de xuño de 2005
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data , número , páxina , anuncio .
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/07/2005 12:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/