[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Padroado do Museo de Pontevedra

Convocatoria para dúas bolsas de colaboración co Museo

Bases

O Patronato do Museo de Pontevedra, na súa reunión do pasado 19 de xullo, acordou convocar un concurso para outorgar dúas (2) bolsas de colaboración co Museo, de acordo coas seguintes

B A S E S

1.— BOLSAS QUE SE CONVOCAN
Para perfeccionamento e prácticas en Biblioteconomía.

2.— REQUISITOS E CONDICIÓNS

  1. Ser español/la.
  2. Posuír título de Licenciado/a ou Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación, tendo que ser a antigüidade de titulación inferior a tres anos no momento en que a presente convocatoria se faga pública.
  3. Non ter emprego retribuído, nin disfrutar de bolsa algunha, nin ter sido bolseiro/a do Museo de Pontevedra.
  4. Os estudios, colaboracións e prácticas dos/as bolseiros/as servirán para o seu perfeccionamento profesional e haberán de realizarse baixo a supervisión e na forma e horarios que sinale a Dirección do Museo.
  5. As bolsas non establecen ningunha relación funcionarial nin laboral coa Excma. Deputación Provincial nin co Patronato do Museo, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior dos/as bolseiros/as ó cadro de persoal daquel.

3.— DOTACIÓN E DURACIÓN

  1. As bolsas estarán dotadas coa cantidade de 10.097,04 euros anuais cada unha, pagables por doceavas partes, a razón de 841,42 euros brutos mensuais.
  2. A duración das bolsas será dun ano natural, podendo prorrogarse por períodos iguais se os/as bolseiros/as se fixesen acreedores/as a iso, sen que en ningún caso a duración total de cada bolsa sobrepase tres anualidades.
    Os/as beneficiarios/as non poderán renunciar ás bolsas, a non ser por causa xustificada, sen ter transcurrido, cando menos, seis meses consecutivos, contados desde a data en que, como tal, comecen a disfrutala.
  3. A Comisión Delegada de Bolsas poderá propoñer ó Patronato o cese no disfrute das bolsas por falta de dedicación ou por incumprimento das normas sinaladas pola Dirección do Museo.

4.— DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

  1. Os/as interesados/as deberán presentar:
    1. Instancia de solicitude cos datos persoais, dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente do Patronato do Museo de Pontevedra.
    2. "Currículum vitae", con certificación académica que inclúa o expediente, especificando, ademais, os méritos científicos que consideren oportunos.
    3. Declaración xurada de non ter emprego nin disfrutar de ningunha outra bolsa.
  2. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación destas Bases no "Boletín Oficial" da Provincia, debendo facelo na Secretaría do Museo (Rúa Pasantería, núm. 2-10, Apartado de Correos 104. 36080 - Pontevedra).
  3. As solicitudes presentadas serán examinadas e resoltas por un Xurado presidido polo Ilmo. Sr. Presidente do Patronato, actuando como Vocais os membros da Comisión Delegada de Bolsas do referido organismo, expresamente facultada para iso polo Pleno do Patronato, que poderá facer unha selección previa para unha entrevista persoal.
  4. O Xurado reunirase dentro dos trinta días naturais seguintes ó de remate do prazo de presentación de solicitudes, sendo o seu fallo inapelable.

5.— REQUISITOS A CUMPRIR POLOS/AS BOLSEIROS/AS

  1. Os/as que resulten bolseiros/as presentarán documentación oficial acreditativa de tódolos extremos do "curriculum" e das súas circunstancias académicas, como requisito previo para iniciar o disfrute das bolsas, que perderán de non cumprir este trámite.
  2. As persoas que obteñan as bolsas han de incorporarse o día 1 do proximo mes de outubro, séndolles expedidas pola Dirección do Museo certificacións acreditativas do comezo dos estudios e prácticas.
  3. Será imprescindible para optar á prórroga da bolsa a presentación, antes do 30 de novembro do 2005 e en igual día dos anos seguintes, dunha Memoria de Actividades na que se contemplarán tanto as tarefas de investigación persoal como as derivadas da participación nos traballos e labores especificamente desenvolvidos no Museo.
  4. A valoración negativa da Memoria de Actividades pola Comisión Delegada de Bolsas será causa da perda ou extinción da bolsa, previo acordo do Patronato do Museo.
  5. Finalizados os estudios e prácticas poderá emitirse, a petición de parte, informe sobre os mesmos pola Dirección do Museo.

6.— CLÁUSULA FINAL
A concurrencia á presente convocatoria supón a total aceptación das Bases da mesma.

Pontevedra, 4 de agosto de 2005
O SECRETARIO DO PADROADO
DO MUSEO DE PONTEVEDRA
Xosé Fuentes Alende

Boletín Oficial da Provincia, data 11/08/05, número 154, páxina 22, anuncio 2005007391.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/08/2005 08:43
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/