[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Arquitectura
Páxina Principal
Servizos
Arquitectura
Edificios Provinciais

Páxina 1 [2] 3 4
ARQUITECTURA 

Arquivo Deputación Provincial

O Arquivo, xunto cos demais servizos da Deputación, instálase, tras unha breve estancia na rúa Costa de Santa María, no desamortizado convento de San Francisco onde permanece ata 1890, ano no que se traslada á nova sede do actual Pazo provincial.

Na actualidade o Arquivo da Deputación, amén dun espacio no propio Pazo destinado á recepción documental transferida, ocupa a planta baixa do edificio situado entre as rúas Pai Amoedo, Pai Sarmiento e a edificación do antigo convento dos Xesuítas, á que se une nos puntos extremos.

Esta edificación foi reformada entre os anos 1981 e 1983 para instalar o arquivo na planta baixa e salas de exposicións do Museo e vivenda nas plantas superiores.

A planta dedicada ó arquivo conta cunha superficie total de 443 m2 con dúas fachadas á rúa. Esta superficie inclúe tanto os dous depósitos documentais coma as áreas de traballo e servizo, tanto do arquivo coma do Servizo de Publicacións, o que conlevou en sucesivas ocasións reformas interiores e adaptacións permanentes na procura dun mellor aproveitamento espacial.

En todo caso, de forma inminente iniciarase a reforma integral do edificio, o que proporcionará unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha entrada impactante, destacando o corpo central do edificio, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, que abre o edificio á cidade.

O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, propón unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se prevé a instalación de estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns como salón de usos múltiples. Nas plantas superiores irán zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/08/2005 12:13
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/