[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 15 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 2 [3] 4 5
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria de dúas bolsas de estudo
de Licenciado en Letras

bases | solicitude | declaración xurada
adxudicación

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 29 de xullo de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

9.13231.— Convocatoria de dúas bolsas de estudo de Licenciado en Letras con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Excma. Deputación Provincial.

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Deputación Provincial convoca dúas bolsas de licenciado en Letras para a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas co citado Servizo, consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas bolsas de licenciados en Letras con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Estas bolsas teñen por obxecto realizar tarefas de investigación e colaboración no referido Servizo coa finalidade de estimular e fomentar a formación neste campo.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionadade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de licenciado en Letras ou estar en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,42 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 05/454.451.481.01 do orzamento provincial.

O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que el bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de licenciado en calquera especialidade de letras, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instacias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa debidamente xustificada.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que faga uso da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

A presentación da solicitude determina a aceptación expresa e formal das bases que rexen esta convocatoria.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para seleccionar os bolseiros constituirase una comisión, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vocais: O presidente da Comisión Informativa de Acción Social e o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
  • Secretario: O secretario da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

Esta Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados e mais unha entrevista, de considerarse oportuna, con aqueles candidatos que obtiveran maior puntuación.

O baremo de méritos establecerao a Comisión de Selección segundo o contido das actividades que se desenvolven no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere máis idóneos para realizaren tarefas de investigación e colaboración no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de CATRO anos, á vista do informe favorable do xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e do acordo da Xunta de Goberno.
  2. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observaren o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique unha relación de traballo laboral remunerado.
  3. A condición de bolseiro non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra nin implica en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado organismo.
  4. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.
  5. En caso de renuncia voluntaria á bolsa, concedida por parte dalgún dos beneficiarios, este comunicarallo por escrito e de forma motivada ó xefe do Servizo y ó Servizo de Recursos Humanos e Formación cunha antelación mínima de quince días naturais. A falta de aviso previo no prazo indicado dará lugar á perda da axuda económica, correspondente ós días de formación realizados no mes en que se produza a renuncia. En caso de aceptar a renuncia poderá adxudicárselle a bolsa ó candidato suplente con maior puntuación.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

10.— RÉXIME XURÍDICO
A presente convocatoria, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito a estas bolsas axustaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e mais a Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Pontevedra, 3 de agosto de 2005
O SECRETARIO ACCIDENTAL
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 10/08/05, número 153, páxina 7, anuncio 2005007335.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/10/2005 09:06
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/