[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Reportaxes
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2 3
ENTREVISTAS CO PRESIDENTE 

Todos os que coñecen por primeira vez a Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra, coinciden en afirmar o carácter aberto, próximo e práctico dun home que desde hai dous anos dirixe os destinos da institución e pretende colaborar e integrar os 62 concellos que conforman a provincia de Pontevedra.

Tal e como asegura soamente existe unha fórmula máxica, que non é outra que “traballo, traballo e máis traballo” para que a provincia de Pontevedra acade as mellores cotas de progreso social, dinamismo económico e desenvolvemento cidadán. Neste percorrido, Rafael Louzán non deixa pasar ningunha oportunidade para reivindicar o importante papel desta estratéxica provincia.

¿Como valora a súa xestión no ecuador do seu mandato á fronte da Deputación de Pontevedra?

Creo que o mellor modo de valorala é preguntarlles ós cidadáns da provincia se consideran mellor hoxe as súas perspectivas de futuro que hai dous anos. Desde a Deputación estamos a traballar para que esas expectativas vaian a máis e concretámolo en numerosos plans de acción locais, que van desde a mellora de infraestruturas viarias, novo solo industrial, axudas a cooperativas agrarias, equipamentos deportivos, programas culturais, apoio ó deporte, fomento do turismo,…

No meu contacto cos veciños de todos os concellos de Pontevedra, recibo a súa satisfacción porque grazas ó apoio da Deputación conseguen mellorar o seu contorno medioambiental, social e cultural, o que de por si constitúe a maior satisfacción para un presidente ou para calquera que teña responsabilidades políticas ou administrativas e vocación de servizo público.

Pero, sendo moito o feito nos últimos anos, queda moito por facer e desde aquí quero salientar o compromiso da Deputación coa provincia de Pontevedra para que siga avanzando.

¿Cales serían, ó seu xuízo, as principais liñas de actuación que marcaron esa xestión?

Sería moi prolixo citar os proxectos concretos nos que participa a Deputación de Pontevedra pero os eixes fundamentais desa actuación céntranse nas melloras das infraestruturas e redes viarias provinciais en todas as comarcas, creación e posta en marcha de polígonos industriais, aplicación de novas tecnoloxías que potencien o desenvolvemento territorial do noso rural, plans de fomento do deporte, do turismo, recuperación do Arquivo Provincial, ampliación do Museo Provincial,…

Temos en marcha moitas iniciativas para promover e equipar de solo industrial; a elaboración pioneira dun Plan Estratéxico Provincial para establecer un modelo integral de desenvolvemento endóxeno, tendo en conta as nosas características e os nosos parámetros socioeconómicos para trazar as liñas máis axeitadas á hora de presentar iniciativas de xestión.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/01/2008 07:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/