[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Reportaxes
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina 1 [2] 3
ENTREVISTAS CO PRESIDENTE 

¿E os principais proxectos?

Por exemplo, en canto remate a súa ampliación, o Museo provincial non só será o mellor e o máis visitado de España senón que tamén será o máis grande dos que dependen dunha institución provincial, igual que sucede coa rehabilitación do Arquivo provincial. Estas dúas iniciativas contan cun orzamento total de máis de 13 millóns de euros e repercutirán moi positivamente na creación e recuperación do patrimonio inmobiliario para a cidade de Pontevedra.

Asemade, estamos completamente dedicados na plena rehabilitación da rede de estradas provinciais. Non podemos esquecer que esta Deputación é unha das institucións provinciais cun maior número de quilómetros de estradas ó seu cargo, viarias que, en moitos dos casos, constitúen auténticas arterias de comunicación entre os municipios da nosa provincia e que, noutras situacións e debido ó crecemento da poboación, son hoxe avenidas dos centros urbanos do noso territorio.

Outro fito importante derivado destes dous primeiros anos de mandato consiste na posta en marcha dun organismo autónomo para a promoción de solo empresarial na provincia de Pontevedra, o Ipespo. Así, está xa en marcha o consorcio para a construción dun polígono industrial entre os concellos de Meis e Barro, nunha área estratéxica para os intereses económicos e empresariais da provincia como é na que conflúen as comarcas de Pontevedra e do Salnés. Do mesmo xeito, creamos outro consorcio para o desenvolvemento de solo industrial no Covelo e estamos en conversas para impulsar tamén polígonos noutros municipios coma Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei...

En deportes temos en marcha o proxecto de infraestruturas máis importante do país, coa construción de 30 campos de fútbol de herba sintética de última xeración, cunha achega de 12,5 millóns de euros.

A Deputación logrou 18 millóns de euros para varios proxectos Interreg III A, para instalación de depuradoras nos concellos bañados polo río Miño, para crear un centro de atención integral a emigrantes retornados, proxecto Cidade Máis, construción e remate de parques de bombeiros, a recuperación da vía romana XIX,…

En cultura temos en marcha un plan cultural no que participan case 700 agrupacións musicais, folclóricas e grupos moi variados, ademais de convenios de colaboración con fundacións e entidades culturais.

Queremos potenciar os recursos turísticos da provincia, mediante o Padroado de Turismo Rías Baixas, que conta cunha sede que só recolle eloxios por quen a coñece, o Palacete das Mendoza (Pontevedra), desde onde se promove o noso sector turístico con visitas a Feiras Internacionais.

¿É importante que o equipo de Goberno funcione como un órgano colexiado?

Non só é importante, creo que é imprescindible e iso reflíctese nas accións que se realizan desde a Deputación, favorecendo que moitos proxectos que se expoñen se vexan mellorados na súa tramitación coa achega persoal de cada membro do equipo de Goberno. Creo que existe un excelente equilibrio entre todos os deputados.

A min agrádame comprobar cómo as diferentes áreas da Deputación traballan co obxectivo de cumprir os numerosos proxectos nos que estamos inmersos co ánimo de que Pontevedra e os pontevedreses sigan mellorando o seu nivel de vida.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/01/2008 07:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/