[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Reportaxes
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 [3]
ENTREVISTAS CO PRESIDENTE 

¿Como son as relacións cos deputados dos grupos da oposición na Corporación provincial?

Eu considero que as relacións son boas e fluídas entre todos os deputados, con independenza do partido político polo que foran elixidos. Non podía ser doutro xeito, sobre todo tendo en conta o grao de coñecemento que existe entre todos nós. A min sempre me gustou que houbese contactos fluídos entre os distintos partidos, se ben cada un debe defender as súas ideas coa máxima integridade. É verdade que ás veces se quere ofrecer unha imaxe de división por parte dos nosos opoñentes, que non responde á realidade.

Coido que os nosos deputados coñecen moi ben a realidade da provincia, desde o interior ata a costa, desde as pequenas aldeas ata as cidades, e polo tanto son excelentes interlocutores perante a institución provincial.

Os concellos da provincia son en primeira instancia os beneficiarios do labor que se desenvolve na Deputación de Pontevedra, ¿como cualifica as relacións que estableceu durante este período cos alcaldes?

Aínda que os concellos son as entidades que máis preto están dos cidadáns, son estes os que máis valoran a actuación da Deputación. A nosa función consiste en servir de integración para que non haxa desequilibrios entre concellos. Nestes dous anos esa relación cos alcaldes foi moi boa, reclamando eles o que consideraban de dereito para os seus cidadáns e defendendo esta Presidencia os proxectos postos en marcha polo equipo de Goberno. Asemade, quero salientar que somos persoas coherentes que procuramos atender todas aquelas demandas dos alcaldes que se fan dende a necesidade urxente comunicada polos veciños e dende a xustiza de que os cidadáns dispoñan dos servizos que lles corresponden por dereito.

Tras os concellos, a xestión da administración provincial repercute nos colectivos veciñais, culturais, deportivos, de prestación de servizos sociais…; en definitiva, nos cidadáns, ¿cales son as principais inquedanzas que atopa entre os veciños da provincia de Pontevedra?

Normalmente, os veciños primeiro agradecen as intervencións da Deputación no seu concello, ben sexa unha infraestrutura, unha actividade ou calquera outro proxecto impulsado desde a Deputación. Pero, inmediatamente despois, expoñen as súas inquedanzas sobre as cuestións máis diversas: o saneamento e os procesos de abastecemento de subministro da auga, o acondicionamento de camiños veciñais, a urbanización e protección da seguridade vial na rede de estradas provincial... son, quizais, dos servizos máis reclamados polos cidadáns da provincia de Pontevedra e entendemos que son reclamacións xustas. Así, boa parte dos plans de cooperación municipal que xestiona a Deputación de Pontevedra van encamiñados a acometer estas accións, sobre todo nos concellos máis pequenos e cun poboamento máis disperso, xa que as deputacións deben garantir o principio de solidariedade entre todos os cidadáns e territorios da provincia, de xeito que os habitantes do municipio máis pequeno conten cos mesmos servizos que os veciños da primeira urbe da provincia.

Os principais obxectivos que se derivan da nosa xestión correspóndense con manter nivel de emprego no seu concello, evitar o despoboamento nos concellos do interior, en definitiva, garantir as oportunidades para que todos e cada un dos nosos cidadáns poidan desenvolver todas as facetas da súa vida cotiá no seu lugar de orixe ou residencia.

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/01/2008 07:04
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/