[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 15 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Padroado Fogar provincial

Contratación laboral temporal dun porteiro con destino ó
Centro de Formación Profesional “Fogar Provincial”

BASES | Calendario | Instancia de solicitude
Lista de admitidos | Aprobados no primeiro exercicio | Entrevista

Convocatoria e Bases para a contratación laboral temporal dun Porteiro con destino ó Centro de Formación Profesional “Fogar Provincial”.

De conformidade co establecido no art. 34 g) da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril:

Resolvo.—Aproba-la presente convocatoria para a contratación laboral eventual dun Porteiro, con destino ó Centro de Formación Profesional “Fogar Provincial”, desta Excma. Deputación Provincial, que se rexirá pola seguintes

BASES

1.— Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal por circunstancias da producción dun Porteiro con destino ó Centro de Formación Profesional “Fogar Provincial” da Deputación Provincial de Pontevedra, co fin de atende-las necesidades do Centro, incrementadas polas obras de conversión do antigo garaxe en aulas, polos cursos do Plan FIP e as vacacións do persoal.

Esta contratación formalizarase de conformidade co disposto no art. 35 do Real Decreto 364/95, do 10 de marzo, art. 103 da Lei 7/85, do 2 de abril, art. 3 do Real Decreto 2720/98, de 18 de decembro e art. 15 do Estatuto dos Traballadores, así como convenio colectivo de Centros de Ensinanzas Privados sostidos con fondos públicos.

2.— RETRIBUCIÓNS
O custo desta contratación, á que se aplicarán as retribucións do convenio colectivo da ensinanza privada sostida con fondos públicos, ascende a un total de 8.142,61 euros en concepto de retribucións e 2.768,50 euros como cota patronal á Seguridade Social. As cantidades totais imputaranse ás partidas de persoal laboral eventual do orzamento do Padroado do Centro de Formación Profesional Fogar Provincial Príncipe Felipe.

3.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Ser español.
  2. Ter cumplidos 18 anos de idade, o que se acreditará coa certificación de nacemento ou páxina de inscripción no Libro de Familia ou fotocopia compulsada dos mesmos.
  3. Estar en posesión do título de Certificado de Escolaridade ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  4. Non padecer enfermidade ou defecto físico, ou psíquico, que impida ó aspirante o normal desempeño das correspondentes funcións.
  5. Non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, dos servizos do Estado, comunidades autónomas ou das entidades locais, nin atoparse inhabilitado ou incapacitado para o exercicico das funcións públicas.
  6. Tódolos requisitos enumerados nos apartados anteriores deberán posuirse no momento de finaliza-lo prazo de admisión de solicitudes, e conserva-los, alomenos, ata o momento do nomeamento e posterior toma de posesión con carácter interino.

4.— Os que estean interesados nesta contratación laboral temporal deberán presenta-las súas solicitudes no Rexistro Xeral desta Deputación, no prazo de 5 días naturais, contados a partires do seguinte ó da publicación desta oferta no Boletín Oficial desta provincia.

Á solicitude acompañarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI por ámbolos dous lados, debidamente compulsada.
  2. Acreditación de atoparse en demanda ou mellora de emprego.

Tódolos requisitos enumerados nos apartados anteriores deberán posuirse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes, e conservalos, alomenos, ata o nomeamento e posterior formalización do contrato.

5.— O sistema de selección constará dun exercicio e dunha entrevista persoal.

Primeiro exercicio: Consistirá en contestar a un test de vinte preguntas relacionadas co contido do posto de traballo.

O exercicio terá carácter eliminatorio e calificarase de cero a dez, sendo necesario obter un mínimo de cinco puntos para aprobar.

Finalmente, o Tribunal convocará ós aspirantes que superen a proba anterior a unha entrevista persoal na que lles formularán cantas preguntas consideren oportunas, sobre aspectos relacionados co posto de traballo, a fin de determina-la súa idoneidade para o posto, valorándose esta última proba de cero a cinco puntos.

6.— O TRIBUNAL SELECCIONADOR QUEDARÁ INTEGRADO POLOS SEGUINTES MEMBROS

  • Presidente:
    Dona Nidia Arévalo Gómez.
  • Secretario:
    Don Carlos Cuadrado Romay ou funcionario no que delegue.
  • Vocais:
    — Don José Carlos Fernández Brea, Director do Centro de Formación Profesional Fogar Provincial.
    — Dona Zoila Paz Dacosta, Directora Xerente da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
    — Don José Manuel Fernández Rodríguez, Secretario do Centro de Formación Profesional Fogar Provincial.

7.— O Tribunal seleccionador constituirase dous días despois da finalización de presentación de solicitudes, no Pazo Provincial, ás 10.00 horas, a onde deberán concorrir os aspirantes provistos de DNI e bolígrafo.

Rematado o proceso selectivo, a Comisión proporá ó Presidente do Padroado a contratación do/da aspirante que acade maior puntuación.

8.— O contrato terá unha duración de 6 meses dacordo co disposto no Real Decreto 2720/1998.

Pontevedra, 12 de xullo de 2005
O DIRECTOR
José Carlos Fernández Brea

Boletín Oficial da Provincia, data 19/07/05, número 138, páxina 17, anuncio 2005006732.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/08/2005 11:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/