[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Reportaxes
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
REPORTAXES 

A Deputación de Pontevedra protagonizou durante os últimos dous anos unha xestión dirixida a incentivar os servizos e as infraestruturas das dúas principais urbes da provincia: Vigo e Pontevedra. Así, a cidade máis populosa e a capital da provincia –que non se benefician dos plans provinciais de cooperación debido ó seu número de habitantes- están a contar tamén con importantes investimentos que redundan na calidade de vida dos seus cidadáns.

Deste xeito, o actual grupo de goberno no organismo provincial asinou por vez primeira cadanseu convenio cos concellos de Vigo e de Pontevedra para acometer obras de infraestrutura e de servizos públicos en ambos os dous municipios. Asemade, a institución que preside Rafael Louzán liderou iniciativas dirixidas a desenvolver as potencialidades dos núcleos urbanos máis importantes da provincia.

Acordos históricos en Pontevedra

A Deputación chegou a un acordo histórico co Concello de Pontevedra, polo que a institución provincial executará unha nova ponte sobre o río Lérez de acceso a Monte Porreiro e as infraestruturas de acceso ó Complexo Hospitalario de Montecelo, ás instalacións de Castro Senín e á Cidade Infantil Príncipe Felipe, obras nas que a institución provincial investirá 7 millóns de euros (1.164 millóns de pesetas). Pola súa banda, o Concello de Pontevedra será o encargado de elaborar os proxectos e poñer os terreos a disposición. Do mesmo xeito, o Concello de Pontevedra comprometeuse a incluír no Plan Sectorial do Sergas a creación dos máximos aparcamentos posibles no contorno da Residencia de Montecelo, un servicio moi demandado polos usuarios deste centro.

A posta en marcha destas actuacións está condicionada unicamente a que o Concello de Pontevedra poña a disposición os terreos para poder licitar coa máxima urxencia a reforma do estadio de Pasarón. Outro dos acordos adoptados entre a Deputación e o Concello de Pontevedra materializarase na cesión do edificio de Educación que pasará a ser propiedade do organismo provincial.

Así mesmo, a Deputación de Pontevedra desbloqueou os traballos da estrada provincial Tomeza-Bértola-Figueirido, que –no tramo que lle corresponde ó termo municipal de Pontevedra- quedaron rematados tralo ensanchado da plataforma e a dotación dunha capa de rodadura e das marcas viarias precisas.

Por outra banda, os investimentos previstos para a cidade de Pontevedra nos orzamentos do ano 2005 son, entre outros, a rehabilitación do Arquivo Provincial (1,8 millóns de euros), o financiamento da piscina olímpica de Ponte Muíños e a construción dos seus aparcadoiros (450.000 euros este ano), a construcción dun novo campo de fútbol de Pasarón e dunha área deportiva e recreativa na Parda (600.000 euros), a nova ampliación do Museo de Pontevedra (1,8 millóns de euros en 2005), o saneamento integral da ría de Pontevedra (1,2 millóns de euros na próxima anualidade) e axudas á actividade deportiva (máis de 500.000 euros).

Xa durante o exercicio de 2004, a Deputación de Pontevedra asinou un convenio co Concello capitalino dotado con 600.000 euros para acometer traballos de acondicionamento e mellora nas rúas do contorno perimetral do Museo de Pontevedra así como en distintas parroquias do rural. Asemade, a Deputación de Pontevedra asinou a ano pasado outro acordo de colaboración co Concello de Pontevedra, dotado con 1,7 millóns de euros para acometer o acondicionamento das travesías urbanas Campo Santo-Pintor Laxeiro e Santa Margarida para mellorar a seguridade viaria.

Finalmente, a institución que preside Rafael Louzán acometeu actuacións nas estradas provinciais Castelo-Lérez e Salgueiral-Tombo por importe total de máis de 300.000 euros e a subida ó Complexo Hospitalario de Montecelo, de máis de un millón de euros.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/09/2005 13:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/