[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 24 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

CURSOS 

deputación de pontevedra

Accións formativas transversais do Proxecto Cidade +
(Interreg III-A)

Bases | Modelo curriculo e solicitude alumno
Modelo de solicitude para os concellos

Bases reguladoras das accións formativas transversais do Proxecto Cidade + (Interreg III-A)

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para adxudicar os módulos formativos transversais do Proxecto Cidade + ós concellos, así como o proceso para seleccionar ós alumnos das accións formativas.

2.— MÓDULOS

  1. Módulo de ofimática (30 h.)
  2. Módulo de introdución a cultura e lingua española (30 h.)
  3. Módulo de busca de emprego e orientación laboral (30 h.)
  4. Módulo de introdución ás novas tecnoloxías (30 h.)

3.— REQUISITOS

A. DOS CONCELLOS

  • Enviar cuberto o modelo de Convocatoria de adhesión ó Convenio.
  • Enviar debidamente cubertas as solicitudes dos usuarios.
  • Contar cun número mínimo de 10 e un máximo de 15 usuarios (en ningún caso pode iniciarse a acción cun número inferior a 15), emigrantes retornados e inmigrantes, interesados en participar nas accións formativas.
  • Organizar o módulo nun mínimo de 6 horas semanais.
  • Nomear un coordinador ou interlocutor técnico entre Cidade+ e o Concello.

B. DOS USUARIOS

  • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non transcurriran máis de cinco anos do seu retorno.
  • Inmigrantes que posúan autorización de residencia.
  • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura, (excepto usuarios que se presenten ó módulo de introdución á cultura e lingua española).
  • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento do curso.
  • Terán carácter preferente aqueles alumnos que estiveran escritos como demandantes de emprego.

4.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes para a adhesión ó convenio presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado). Prazo máximo de presentación de solicitudes trinta días hábiles dende a publicación das bases na páxina web.

5.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Convocatoria de adhesión ó Convenio.
  • Solicitudes de inscrición dos usuarios ás accións formativas.

6.— COMISIÓN DE SELECCIÓN DE CONCELLOS E USUARIOS
A Comisión de selección para adxudicar os diferentes módulos do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) ós concellos, estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente
    A deputada delegada do Servizo de Acción Social, Promoción de emprego e Muller ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou persoa en quen delegue.
  • Vogais
    A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    As dúas técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+ ou persoa en quen deleguen.

No caso da selección dos usuarios, incorporarase á comisión de selección un representante do Concello ó que se lle adxudique o curso.

7.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

A.- DOS CONCELLOS

  • A adxudicación dos cursos levarase a cabo:
    1. por estrita orde de recepción de solicitudes
    2. por número de usuarios posibles en cada acción formativa
  • Os concellos que acheguen máis dunha solicitude para cada un dos módulos deberán sinalar a orde de preferencia de cada unha delas.
  • Todo o proceso selectivo levarase a cabo tendo en conta as seguintes especificacións:
    1. En materia de informática poderanse levar a cabo 8 cursos distribuídos entre as 10 comarcas, non podendo realizarse un mesmo curso en varios concellos da mesma comarca, excepto que o número de solicitudes sexa insuficiente. Neste caso poderase levar a cabo máis dunha acción formativa por comarca.
    2. En materia de introdución ás novas tecnoloxías poderanse levar a cabo 8 cursos distribuídos entre as 10 comarcas, non podendo realizarse un mesmo curso en varios concellos da mesma comarca, excepto que o número de solicitudes sexa insuficiente. Neste caso poderase levar a cabo máis dunha acción formativa por comarca.
    3. En materia de busca de emprego e orientación laboral poderanse levar a cabo 10 cursos distribuídos entre as 10 comarcas, non podendo realizarse un mesmo curso en varios concellos da mesma comarca, excepto que o número de solicitudes sexa insuficiente. Neste caso poderase levar a cabo máis dunha acción formativa por comarca.
    4. En materia de introdución a cultura e lingua española poderanse levar a cabo 10 cursos distribuídos entre as 10 comarcas, non podendo realizarse un mesmo curso en varios concellos da mesma comarca, excepto que o número de solicitudes sexa insuficiente. Neste caso poderase levar a cabo máis dunha acción formativa por comarca.

B.- DOS USUARIOS
En base ós requisitos mínimos esixidos nas presentes bases e á entrevista persoal, valorarase a idoneidade do posible usuario destas accións formativas.

8.— RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES

A.- DOS CONCELLOS
Cinco días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes reunirase a Comisión de selección, ás nove da maña no Pazo Provincial. Comunicarase nun prazo de dous días mediante unha notificación escrita e telefonicamente aqueles concellos seleccionados.

B.- DOS USUARIOS
Vente días hábiles despois de adxudicados os cursos, comezará o proceso selectivo dos alumnos. As datas destas entrevistas serán facilitadas por Cidade + os concellos no momento da notificación dos cursos.

9.— RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 14 de outubro de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 31/10/2005 12:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/