[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 21 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos do "Instituto para a promoción e equipamento do solo da provincia de Pontevedra (IPESPO)"

Capítulo I
Disposicións xerais

ARTIGO 1.— NATUREZA XURÍDICA

A Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, de acordo cos artigos 26 a 36 da Lei 7/1985, reguladora das Bases de Réxime Local (LBRL), e o artigo 30 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, crea un organismo autónomo, con suxeición ó disposto no artigo 85.2 b) e 85 bis da citada Lei, segundo a redacción dada a estes pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local, coa finalidade de promocionar e xestionar solo industrial e de equipamentos empresariais e para o desenvolvemento de programas de construcción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública na Provincia de Pontevedra.

ARTIGO 2.— DENOMINACIÓN

O organismo autónomo provincial así creado denominarase “Instituto para a promoción e equipamento de solo da Provincia de Pontevedra (en adiante, IPESPO) ”. O IPESPO, como entidade de dereito público, goza de personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e autonomía económica e administrativa para cumprir os seus fins con suxeición ás leis. Este organismo, creado e tutelado pola Deputación Provincial de Pontevedra, adscríbese á súa área económica e financeira dependente do deputado-delegado para asuntos económicos.

ARTIGO 3.— DOMICILIO

O domicilio do IPESPO queda establecido na cidade de Pontevedra no Pazo Provincial. A estructura organizativa de organismo autónomo componse dos servizos centrais, situados na cidade de Pontevedra, e no seu caso, dos servizos periféricos, que comprenden as diferentes oficinas situadas naqueles municipios, que resulte conveniente para unha mellor prestación do servizo. O Consello rector queda facultado para acordar o traslado de domicilio dentro da cidade de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 12:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/