Estatutos (cont.)
ARTIGO 4.—OBXECTO
1.— O IPESPO ten por obxecto a realización das actividades, dirixidas á promoción e xestión do solo empresarial e a construcción de edificacións residenciais sometidas a algún réxime de protección pública no territorio da provincia de Pontevedra. O desenvolvemento destas actividades ten por finalidade garantir a utilización do solo de acordo co interese xeral e dotar á Provincia de solo suficiente para a localización de industrias e a implantación de actividades económicas que favorezan o
desenvolvemento socioeconómico e a promoción de emprego así como de solo para a construcción de
vivendas dignas e adecuadas, especialmente, ós sectores con menos capacidade económica, actuando
como elemento de regulación do mercado inmobiliario e de mellora da calidade ambiental. Inclúense
nestas actividades as seguintes:
- Promoción, adquisición e preparación de solo para asentamentos industriais, residenciais,
terciarios e de servizos.
- Adquisición, por calquera título, incluso expropiación forzosa en cuxo caso o IPESPO
adoptará a condición de beneficiaria, de terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de solares, dotacións e equipamentos, fomento da vivenda ou calquera
outra finalidade análoga de carácter urbanístico.
- Exercer a acción urbanizadora dirixida á preparación do solo industrial, residencial, terciario e de servizos, mediante a realización de obras de infraestructuras, urbanización e dotación de servizos para o seu adecuado equipamento, así como calquera outra acción precisa para a execución do planeamento
urbanístico.
- Promover a acción edificatoria dirixida á realización de edificacións e instalacións destinadas
a albergar industrias e vivendas residenciais sometidas a algún réxime de protección
pública, así como as dotacións de equipamento comunitario previstas polo planeamento urbanístico.
- Xestión, explotación e mantemento das obras e servizos resultantes da súa acción urbanizadora
e edificatoria.
- Alugamento de bens mobles e inmobles.
- O fomento de adquisición de solo e a súa urbanización, da construcción de vivendas de
protección oficial, así como a rehabilitación e construcción de todo tipo de vivendas.
- A promoción e xestión de plans e programas en materia de vivenda e solo que se desenvolven
directamente polo propio Organismo ou en colaboración con Administracións públicas
competentes.
- Realización das actuacións que, en materia do seu obxecto, lle encomenden as administracións
públicas competentes.
- Asistencia técnica na xestión urbanística dos municipios da Provincia vinculada á consecución
dos obxectivos do IPESPO.
- Calquera outra actividade relacionada coas expresadas nos apartados precedentes, incluso
a construcción, alugamento e alleamento de edificacións de calquera uso.
2.— O IPESPO no desenvolvemento dos seus fins, poderá levar a cabo cantas actuacións estime convenientes en relación con estudios, redacción de proxectos e plans, execución de obras, adquisición, comercialización, permuta e alleamento a título oneroso de solo e equipamento, constitución de dereitos reais e gravames sobre bens, xestión e explotación de obras e servizos e calquera outras que estime necesarias cos límites establecidos polo ordenamento xurídico.
|