[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

ARTIGO 5.— INSTRUMENTOS XURÍDICOS

Para o adecuado exercicio das súas funcións o IPESPO poderá de acordo coa lexislación aplicable:

  1. Subscribir convenios de promoción e xestión con outros organismos e entidades, en especial con corporacións locais.
  2. Desenvolver as funcións que ten atribuídas directamente, ou por órgano ou órganos existentes, ou as que a tal efecto se poidan crear.
  3. Formar consorcios con toda clase de entidades públicas para o desenvolvemento dos fins propios de xestión e execución de actividades urbanísticas.
  4. Constituír e participar en asociacións, empresas e consorcios, por si mesmo ou en colaboración con corporacións locais con outros entes públicos ou de iniciativa privada para o desenvolvemento dos seus fins.
  5. Participar en entidades urbanísticas colaboradoras.

ARTIGO 6.— RÉXIME XURÍDICO

1.— O IPESPO ten personalidade xurídica e patrimonio propio, goza de autonomía administrativa e económica e posúe plena capacidade de obrar tanto no campo do Dereito público como no do Dereito privado para o cumprimento dos seus fins con suxeición á lexislación que lle sexa aplicable. Así mesmo goza das prerrogativas e beneficios fiscais que se establezan nas leis para as Administracións públicas de tal natureza.

2.— En consecuencia co anterior, o Organismo autónomo provincial poderá:

  1. Adquirir, vender, posuír, reivindicar, permutar, ceder, alugar e administrar o seu patrimonio.
  2. Constituír, modificar, pospoñer e cancelar hipotecas e demais dereitos reais.
  3. Conceder subvencións, créditos e empréstitos así como subsidiar os intereses devengados polos préstamos concedidos para as actuacións protexibles en materia de vivenda.
  4. Concertar créditos e empréstitos para financiar as súas actividades nos termos establecidos na normativa orzamentaria de aplicación. Estes créditos poderán ir avalados nos termos de dita normativa.
  5. Celebrar contratos e convenios.
  6. Establecer e explotar obras e servizos.
  7. constituír e participar en sociedades, empresas, consorcios ou asociacións.
  8. Interpoñer os recursos establecidos e exercer as accións previstas nas leis.

O IPESPO rexerá o seu funcionamento segundo a normativa fixada nos presentes estatutos, polo regulamento orgánico e funcional que se aprobe e polas disposicións da lexislación sobre réxime local, o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por RDL 2/2004 (TRLHL), Lei Xeral Tributaria e regulamentos de execución, así como pola Lei Xeral Orzamentaria e normativa urbanística que resulte de aplicación. En materia laboral rexerase polo Estatuto dos traballadores, polos Convenios Colectivos que se pacten e polo resto da normativa laboral que lle resulte de aplicación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 12:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/