[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9 10 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 3ª
DO DIRECTOR

Artigo 12.— O Director do organismo autónomo será designado polo Consello Rector, a proposta do Presidente da Deputación, de entre os funcionarios con habilitación nacional ou persoal cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985, este é, funcionarios de carreira ou laboral das Administracións Públicas ou un profesional do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo.

Correspóndelle ó director as facultades seguintes:

  1. Resolver aquelas materias que expresamente sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector ou polo Presidente.
  2. A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e, de continuo, ó seu presidente.
  3. Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector e do Presidente.
  4. En particular, son as súas funcións:
    1. Dictar actos administrativos, en relación ó exercicio das funcións de xestión que lles correspondan.
    2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto.
    3. Propoñer a adopción de medidas conducentes a cubrir as necesidades dos servizos e do persoal co fin de dotalos dunha maior eficiencia.
    4. Censurar e dar conformidade, no seu caso, ós informes e comunicados dirixidos ós organismos dos que se realice a súa xestión.
    5. Vixiar o cumprimento das disposicións regulamentarias e normas legais a que estean sometidas as actuacións do organismo.
    6. Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisións de servizos con dereito a indemnización así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    7. Propoñer ó Presidente a contratación de persoal laboral e propoñer a resolución da relación xurídica que o vincule co organismo, de acordo cos cadros de persoal previamente aprobados polo Consello rector e ratificados polo Pleno da Deputación.
    8. Propoñer ó Presidente a ordenación e instrucción de expedientes disciplinarios e formular pregos de cargo do persoal laboral.
    9. Propoñer ó Presidente a imposición de sancións que correspondan ó persoal do organismo pola comisión de calquera feito constitutivo de falta leve. Por delegación, o director poderá resolver os expedientes por faltas de natureza leve.
    10. Propoñer ó Presidente a autorización de asistencia a cursos, congresos e demais convocatorias para a súa formación e perfeccionamento do persoal do organismo.
    11. Propoñer ó Presidente a distribución do persoal na forma que o esixan as necesidades do servizo, podendo trasladar as diferentes zonas ou dependencias a calquera empregado, con suxeición á normativa legal aplicable.
    12. Propoñer ó Presidente a aprobación do plan xeral de vacacións de todo o persoal.
    13. Propoñer ó Presidente a resolución de toda clase de peticións de licencias, excedencias e outras situacións administrativas do persoal.
    14. Propoñer ó Presidente o nomeamento de cargos de especial responsabilidade.
    15. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia.
    16. Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado.
    17. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo Presidente ou vicepresidente.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9 10 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 10:46
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/