[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 4ª
DO CONSELLO ASESOR

ARTIGO 13

  1. O Consello asesor actuará como órgano consultivo no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así como do seu seguimento e avaliación.
  2. Estará integrado por todos os membros do Consello rector e un máximo de dez alcaldes ou persoas en quen estes deleguen. Dos dez alcaldes, cinco serán designados entre os Concellos da Provincia e os cinco restantes de entre os Concellos onde o IPESPO desenvolva as súas actividades. Cando non se cubra o cupo de cinco alcaldes pertencentes ó segundo grupo poderase incrementar con alcaldes do primeiro grupo. Os alcaldes serán designados polo Pleno da Corporación Provincial de entre todos os grupos políticos e independentes. A renovación dos membros do Consello Asesor producirase coas eleccións locais. En todo caso, cando, por calquera circunstancia, se produza o relevo do alcalde nalgún municipio que fose membro do Consello asesor, ocupará automaticamente o seu lugar o substituto legalmente nomeado. En función da natureza dos asuntos a tratar poderase invitar ás sesións do Consello Asesor a axentes sociais ou económicos e, no seu caso, a representantes doutras Administracións Públicas.
  3. Asistirán ás sesións do Consello asesor con voz pero sen voto, os señores director, secretario, interventor e tesoureiro.
  4. O Consello asesor reunirase, polo menos unha vez ó semestre para ser informado da marcha e actuacións do organismo. Debaterá a memoria de xestión de cada exercicio e o seu programa de actuación, podendo presentar modificacións para o seu estudio. En todo caso, os seus acordos non serán vinculantes.

SECCIÓN 5ª
DAS FUNCIÓNS DE SECRETARIA, INTERVENCIÓN E TESOURERÍA

Artigo 14.— As funcións que lle corresponden ó secretario, ó interventor e ó tesoureiro serán as legalmente establecidas, sendo desempeñadas polos titulares da Deputación ou por funcionarios de carreira do organismo ou da Deputación en que deleguen. Tamén poderán encomendárselle outras actividades ou funcións que, pola súa especial relación ou incidencia nas regulamentarias, poidan contribuír a mellorar os aspectos funcionais do organismo.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 10:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/