[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 17 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 [10] 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO III
RÉXIME DE SESIÓNS

ARTIGO 15

  1. O Consello rector reunirase, previa convocatoria efectuada a iniciativa do seu presidente ou a petición de tres dos seus membros, tantas veces como sexa necesario para o bo funcionamento do organismo e, ordinariamente, ó menos unha vez ó trimestre. O Consello asesor reunirase polo menos unha vez ó semestre.
  2. A convocatoria dos consellos rector e asesor, salvo en casos de urxencia apreciada polo seu presidente, cursarase por escrito, directa e persoalmente, polo menos con corenta e oito horas de antelación e irá xunto coa orde do día da sesión.
  3. O Consello rector quedará validamente constituído cando concorran á reunión, polo menos, tres deputados membros, sempre que un deles sexa o presidente e asista o secretario. Non poderá ter lugar ningunha sesión sen a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas que legalmente lle substitúan.
  4. Os acordos adoptaranse por maioría devotos dos asistentes. En caso de empate, o presidente terá voto de calidade.
  5. No non previsto nos números anteriores aplicarase a normativa sobre o funcionamento de réxime de sesións do Pleno da Deputación, segundo determina a lexislación de réxime local, excepto no relativo á súa publicidade e da información e participación cidadá.

CAPÍTULO IV
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Artigo 16.— O organismo estructurarase en servizos centrais e servizos periféricos.

Os servizos centrais organizaranse en servizos, seccións e negociados, de acordo co organigrama vixente en cada momento.

Os servizos periféricos organizaranse en unidades, situadas en diferentes municipios, de acordo coas necesidades que dimanen da prestación do servizo no conxunto dos municipios.

Artigo 17.—O persoal do organismo estará integrado por:

  1. Funcionarios propios do organismo
  2. Persoal laboral contratado polo organismo
  3. Funcionarios da Deputación que presten os seus servizos no organismo, a xornada completa, ou parcial, segundo o réxime de adscrición.

ARTIGO 18

  1. O persoal funcionario quedará sometido á mesma regulación que os funcionarios da propia Deputación. Dependerán funcionalmente do presidente do organismo e percibirán as súas remuneracións do organismo autónomo.
  2. O persoal laboral quedará sometido ó estatuto dos traballadores, ó convenio colectivo e á demais normativa legal vixente. A contratación ou nomeamento non lle conferirá ós empregados a condición de funcionarios da Deputación de Pontevedra, tendo en conta a natureza xurídica do organismo e da relación contractual existente.

Artigo 19.—As retribucións de todo o persoal fixaranse cada ano no orzamento do organismo, respectando os límites legais e os acordos regulados en convenio e nas normas emanadas da Deputación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 [10] 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 13:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/