[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 24 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11] 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO V
RÉXIME PATRIMONIAL

ARTIGO 20.—PATRIMONIO DO IPESPO

Constitúe o patrimonio do organismo autónomo:

  1. Os bens que son de titularidade do organismo.
  2. Os bens que a Deputación de Pontevedra lle transfira ó organismo.
  3. Os bens que adquira por calquera título lexítimo e que sexan convenientes ou necesarios para a consecución dos seus fins.
  4. Os productos, rendas e incrementos do seu propio patrimonio.
  5. Calquera outro que se lle poida atribuír conforme ás disposicións en vigor.

ARTIGO 21.— RECURSOS DO IPESPO

Os recursos económicos do Organismo están integrados por:

  1. As transferencias, participacións, anticipos da Deputación de Pontevedra que, en todo momento e circunstancia, asegurarán, xunto co equilibrio orzamentario, a liquidez precisa para a atención inmediata das obrigas e compromisos de índole económica.
  2. O producto de operacións de crédito.
  3. Os rendementos do organismo.
  4. Os ingresos procedentes do seu patrimonio e outros de dereito privado.
  5. Calquera outro recurso que lle poida ser legalmente atribuído, incluso de carácter tributario.

ARTIGO 22.—INVENTARIO

IPESPO formará e manterá actualizado un inventario da totalidade dos seus bens e dereitos que constitúan o seu patrimonio, así como os que lle foran adscritos para o cumprimento dos seus fins, coa única excepción dos de carácter funxible.

O inventario revisarase, no seu caso, anualmente, con referencia ó 31 de decembro de cada ano, e remitirase á área económico financeira da Deputación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11] 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 13:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/