[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12] 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO VI
RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO
SECCIÓN 1ª Contratación, financiamento e planificación

ARTIGO 23.—RÉXIME DE CONTRATACIÓN

A contratación do IPESPO réxese polas previsións contidas ó respecto na lexislación de contratos das Administracións Públicas.

ARTIGO 24.—OPERACIÓNS FINANCEIRAS

O IPESPO poderá concertar operacións de crédito en todas as súas modalidades, así como operacións financeiras de cobertura e xestión do risco do tipo de interese e do tipo de cambio.

Non obstante, precisará a previa autorización do Pleno da Deputación e Informe da Intervención para a concertación de operacións de crédito a longo prazo, conforme ó disposto no TRLHL.

SECCIÓN 2ª Contabilidade e control

ARTIGO 25.—CONTABILIDADE

  1. IPESPO estará sometido ó réxime de contabilidade pública nos termos establecidos no TRLHL.
  2. Sen prexuízo da facultade de fiscalización que lle corresponde á Intervención, serán competencias desta e da Tesourería, respectivamente, levar a contabilidade pública establecida pola citada Lei e as disposicións que a desenvolvan. Para a retirada ou saída de fondos ou cargos nas contas bancarias do organismo son necesarias as sinaturas conxuntas do presidente, do interventor e do tesoureiro.
  3. A contabilidade do organismo levarase a cabo polos seus propios medios de informatización e axustarase ó plan de contas e outras normativas aplicables ós organismos autónomos locais de carácter comercial e financeiro.
  4. As contas do organismo terá que rendelas o presidente e someteranse ó Consello rector, órgano que as aprobará inicialmente, elevándoas á Deputación para que poidan ser integradas na conta xeral da entidade.

ARTIGO 26.—RÉXIME DE CONTROL

A Deputación de Pontevedra exercerá coa extensión e efectos que se determina no TRLHL as funcións de control interno respecto da xestión económica do IPESPO na súa triple acepción de función interventora, función de control financeiro e función de control de eficacia. SECCIÓN 3ª Réxime orzamentario

ARTIGO 27.—ELABORACIÓN DO ORZAMENTO

O Consello rector aprobará inicialmente o orzamento anual do IPESPO que lle será remitido antes do 15 de setembro de cada ano á Deputación co fin de que poida ser integrado no seu orzamento xeral e aprobado polo Pleno da Deputación.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 [12] 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 13:06
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/