[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 18 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 [13] 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO VII
FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN

ARTIGO 28

  1. A función tutelar do organismo será exercida pola Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes da área á que queda adscrito o organismo.
  2. As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local.
  3. O presidente da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se referiran a asuntos que non sexa da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das leis ou por calquera causa que atente gravemente ós intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno e administración toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas.

CAPÍTULO VIII
MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN

ARTIGO 29.—MODIFICACIÓN

A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello rector.

ARTIGO 30.—DISOLUCIÓN

  1. O IPESPO terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos.
  2. O organismo autónomo provincial poderá disolverse por:
    1. Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins.
    2. Acordo do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra.
    3. Calquera outra circunstancia legal. Se si extinguise o IPESPO, a Deputación sucederao universalmente.

Declarada a disolución, o Consello rector transformarase en comisión liquidadora do organismo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 [13] 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/11/2005 12:45
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/