[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria de dúas bolsas de estudo
de Licenciado en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria

Anuncio | Instancia | Lista de admitidos e excluidos
Adxudicación

Anuncio

Convocatoria de dúas bolsas de Licenciado en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria para a realización de tarefas de Investigación no Instituto de Investigacións Mariñas dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo Agrario e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Deputación Provincial convoca dúas bolsas de licenciado en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria para a realización de tarefas de investigacion no Instituto de Investigacións Mariñas dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas, consonte as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas bolsas de licenciados en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria con destino ó Instituto de Investigacións Mariñas.
Esta bolsa ten por obxecto a realización de tarefas de investigacion no Instituto de Investigacións Mariñas, en virtude do vixente Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Consello Superior de Investigacións.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
Estar en posesión do título de Licenciado en Ciencias do Mar, Bioloxía, Bioquímica, Farmacia ou Veterinaria, (Corrección de erros)1 ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 711.711.481.02 do orzamento provincial.
O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalicea a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce das bolsas será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Memoria anteproxecto do traballo de investigación que se propón co visto e prace do director do centro.
  6. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    - o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    - un deputado provincial
    - dous representantes do Instituto de Investigacións Mariñas
    - dous funcionarios técnicos superiores pertencentes á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    - o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue

Tódolos membros terán voz e voto.

A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección dos bolseiros levarase a cabo mediante o exame da memoria corerespondente ó traballo presentado, a valoración dos méritos acreditados polos interesados conforme o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de catro (4,00) puntos.
  2. Outros méritos, ata un máximo de tres (3,00) puntos:
    1. Por ter realizada a tese de licenciatura, ata un máximo dun (1,00) punto.
    2. Por ter realizados másters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun (1,00) punto.
    3. Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun (1,00) punto.

Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas os aspirantes que considere máis idóneos para realizar tarefas de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas.
Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.
Unha vez seleccioados os dous candidatos, estes elixirán un tema de traballo de entre unha lista de proxectos de investigación dirixidos por investigadores dos catro departamentos deste instituto.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso dela no Instituto de Investigación Mariña e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición do responsable do Instituto de Investigación Mariña e do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e acordo da Comisión de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Instituto de Investigación Mariña co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículm. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

10.—
A convoatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas, suxetaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademáis, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.


1.-Corrección de erros no BOP número 233 do 5 de decembro. Volver arriba

Pontevedra, 22 de novembro de 2005
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 30/11/05, número 230, páxina 14, anuncio 2005010886.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/02/2006 14:34
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/