[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Estatutos
Consello reitor
Licitacións
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

IPESPO

O Pleno da Deputación aprobou, por unanimidade, o día 29 de decembro de 2004 a constitución do organismo autónomo “Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO)”. Coa posta en marcha desta iniciativa a Deputación pretende dar resposta á importante demanda de solo industrial na provincia, fundamentalmente no contorno das áreas urbanas, onde a súa carencia obstaculiza o desenvolvemento económico equilibrado. Neste contexto resulta prioritario crear parques de reserva empresarial, ampliando, deste xeito, o horizonte de oportunidades existentes e atraendo investimentos empresariais que contribúan ó incremento económico e, por extensión, aumenten as oportunidades laborais e un maior grao de expresión social.

O IPESPO, con entidade de dereito público, goza de personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e autonomía económica e administrativa para cumprir os seus fins con suxeición ás leis. Este organismo, creado e tutelado pola Deputación Provincial de Pontevedra, adscríbese á súa área de económica e financeira, dependente do deputado delegado para Asuntos Económicos. O organismo autónomo exercerá as funcións de realizar as análises económicas e xurídicas preliminares, a programación e orzamento, así como os estudos e traballos de promoción urbanística das áreas afectadas. Tamén se responsabilizará da tramitación dos traballos técnicos e xurídicos e da redacción e elaboración dos instrumentos de planeamento e execución urbanística necesarios.

O Instituto para a promoción do solo realizará o seguimento das condicións de adxudicación e de simultaneidade das obras de urbanización e edificación, a xestión da recepción municipal das obras de urbanización, o seguimento legal, fiscal e económico da actividade do IPESPO e de todas as actividades que atinxan á preparación de concursos para a execución das obras de urbanización e adxudicación das parcelas urbanizadas.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2005 11:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/