[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 13 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

CURSOS 

deputación de pontevedra

Acción formativa axente de mediación intercultural do proxecto Convive +

Bases | Modelo de Solicitude | Modelo de curriculo
Lista de admitidos

Bases

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 10 prazas no Curso de Axente de Mediación Intercultural que forma parte das accións formativas do Proxecto Convive + Iniciativa Comunitaria Equal. Para as persoas inmigrantes e retornadas reservarase un 30% das prazas.

No caso de que a Deputación da Coruña non cubrira as 10 prazas do curso que ten asignadas, o número de aspirantes que seleccionaría a Deputación de Pontevedra aumentaría, de xeito que o total de alumnos/as seleccionados/as por ambas fora de 20.

Este curso ten una duración de 196 horas.A formación realizarase nas instalacións Museo Pedagóxico de Galicia na Calle San Lázaro, 107 Santiago de Compostela, os venres, en horario de tarde (16:00/20:00) e os sabados en horario de mañán (10:00 a 14:00): A acción formativa levarase a cabo entre os meses de decembro de 2005 e maio 2006, con data de comezo o 23 de decembro. O curso realízase dentro das actividades previstas do Equal Convive +.

2.— CONTIDO DO CURSO

  • MÓDULO I: A Inmigración en España 16 horas
  • MÓDULO II: A integración a través da Mediación Intercultural 26h.
  • MÓDULO III: A Mediación Intercultural 28 horas
  • MÓDULO IV: Boas prácticas na Mediación Intercultural 20h.
  • MÓDULO V: Igualdade de oportunidades 46 horas
  • OBRADOIROS: En técnicas e ferramentas de mediación 20h.
  • TITORÍA: De apoio para a elaboración de proxectos 40h.
  • TRABALLO FINAL: ELABORACIÓN DUN PROXECTO DE MEDIACIÓN (40 H.)

3.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Profesionais do eido social (psicoloxía, socioloxía, pedagoxía, dereito, traballo social, educación social, maxisterio, etc.) e persoas que exerceran como voluntarios/as ou traballaran no eido social en concellos, entidades prestadoras de servicios, sindicatos, ONGs....
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: Acreditar experiencia no traballo cos colectivos migrantes.
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada con aspectos das migracións.
    • Coñecementos en informática.
    • Data de antigüidade no INEM. (No caso de voluntarios)

4.— SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación ( en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do Proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe ( en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes é dez días hábiles dende a publicación das bases que quedarán expostas no taboeiro da Deputación e na páxina web.

5.— DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de antigüidade no INEM.
  • Acreditación fehaciente de ser inmigrante ou emigrante retornado

De acordo co previsto no Proxecto Convive+, na selección dos alumnos/as terase en conta o equilibrio de xénero, procedencias e perfís profesionais para que a participación grupal dos alumnos/as no curso sexa o máis diversa posible.

6.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Convive + (Equal 2ª convocatoria) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente A deputada delegada de Acción Social, promoción de emprego e muller ou en quen delegue.
  • Secretario O da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais
    A Xefa de servicio de Acción social
    Un representante da empresa adxudicataria da selección
    Técnico da empresa adxudicataria da selección

7.— PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de valoración de currículo , establecéndose como puntuación máxima 5 puntos

VALORACIÓN DO CURRÍCULO
O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

REQUISITOBAREMO
criteriopuntos
Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
De 6 a 12 meses1
Menos de 6 meses0.5
Tempo en desempregoMáis de 12 meses1.5
De 6 a 120.5
Formación relacionada e informáticapor curso0.25
Máximo1.5

8.— PROPOSTA DE SELECCIÓN
Publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

9.— RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas

Pontevedra, 30 de novembro de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2006 10:27
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/