[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Padroado do Museo de Pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de colaboración co Museo

Bases

O Consello Rector do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra, na súa reunión do pasado 21 de decembro, a proposta do seu Director e tomando en consideración o incremento experimentado polo Arquivo Gráfico e a necesidade da súa ordenación e catalogación, acordou convocar un concurso para outorgar unha (1) bolsa de colaboración co Museo, de acordo coas seguintes

B A S E S :

1.— BOLSA QUE SE CONVOCA
Para perfeccionamento e prácticas na catalogación do Arquivo Gráfico.

2.— REQUISITOS E CONDICIÓNS

  1. Ser español/la ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Posuír título de Licenciado/a en Historia da Arte, tendo que ser a antigüidade de titulación inferior a tres anos no momento en que a presente convocatoria se faga pública. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar convalidados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa convalidación ou recoñecemento no momento de solicitar a bolsa.
  3. Non ter emprego retribuído, nin disfrutar de bolsa algunha, nin ter sido bolseiro/a do Museo Provincial de Pontevedra.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Os estudios, colaboracións e prácticas do/a bolseiro/a servirán para o seu perfeccionamento profesional e haberán de realizarse baixo a supervisión e na forma e horarios que sinale a Dirección do Museo.
  6. A bolsa non establece ningunha relación funcionarial nin laboral coa Excma. Deputación Provincial nin co Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior do/a bolseiro/a ó cadro de persoal daquel.

3.— DOTACIÓN E DURACIÓN

  1. A bolsa estará dotada coa cantidade de 10.097,04 euros anuais cada unha, pagables por doceavas partes, a razón de 841,42 euros brutos mensuais, que se imputará á partida 06/845-454-226.30 do orzamento do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra.
  2. A duración da bolsa será dun ano natural, podendo prorrogarse por períodos iguais se o/a bolseiro/ a se fixese acreedor/a a iso, sen que en ningún caso a duración total da bolsa sobrepase tres anualidades.
    O/a beneficiario/a non poderá renunciar á bolsa, a non ser por causa xustificada, sen ter transcurrido, cando menos, seis meses consecutivos, contados desde a data en que, como tal, comece a disfrutala.
  3. A Dirección do Museo poderá propoñer ó Consello Rector o cese no disfrute da bolsa por falta de dedicación ou por incumprimento das normas sinaladas para o desempeño do labor do/a bolseiro/a.

4.— DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

  1. Os/as interesados/as deberán presentar:
    1. Instancia de solicitude cos datos persoais, dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra.
    2. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou de calquera outro que o substitúa.
    3. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Licenciado en Historia da Arte ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    4. "Curriculum vitae", con certificación académica que inclúa o expediente, especificando, ademais, os méritos científicos que consideren oportunos.
    5. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
    6. Declaración xurada de non ter emprego nin disfrutar de ningunha outra bolsa.

  2. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia, debendo facelo na Secretaría do Museo (Rúa Pasantería, núm. 2-10, Apartado de Correos 104. 36080 - Pontevedra) ou nos rexistros a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se sinalan no artigo 70 da mesma norma.

5.— COMISION SELECCIONADORA
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: a Presidenta Executiva do Organismo Autónomo.
Vocais: o Director do Museo Provincial de Pontevedra e un membro do Consello Asesor designado pola Presidencia.
Secretario: o do Organismo Autónomo ou funcionario de carreira en quen delegue, con voz e sen voto.
A Comisión reunirase dentro dos quince días naturais seguintes ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.— SELECCION
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/ as segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de seis (6) puntos.
  2. Por outras licenciaturas, un (1) punto.
  3. Por outras ensinanzas relacionadas coa bolsa, ata un (1) punto.
  4. Por bolsas disfrutadas, relacionadas coa temáticada bolsa obxecto da convocatoria, medio (0,5) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  5. Por contratos de traballo en postos similares ou relacionados coa bolsa obxecto da convocatoria, un (1) punto por ano ou fracción superior a seis meses.
  6. Por publicacións relacionadas coa bosa obxecto da convocatoria, ata medio (0,5) punto.
  7. Por asistencia a cursos relacionados coa temática da bolsa, ata medio (0,5) punto.
  8. Por outros méritos, ata medio (0,5) punto.

Os tres aspirantes que acaden a maior puntuación pasarán a unha entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos.

7.— RESOLUCION
A Comisión seleccionadora, expresamente facultada polo Consello Rector do Organismo Autónomo, unha vez evaluado todo o relacionado no apartado anterior, adxudicará a bolsa ó/á aspirante que obteña a maior puntuación, sendo comunicado o acordo ó/á adxudicatario/a.

8.— REQUISITOS A CUMPRIR POLO/A BOLSEIRO/A

  1. Quen resulte bolseiro/a presentará documentación oficial acreditativa de tódolos extremos do "curriculum" e das súas circunstancias académicas,como requisito previo para iniciar o disfrute da bolsa, que perderá de non cumprir este trámite.
  2. A persoa que obteña a bolsa ha de incorporarse o día 1 do próximo mes de febreiro, séndolle expedida pola Dirección do Museo certificación acreditativa do comezo dos estudios e prácticas.
  3. Será imprescindible para optar á prórroga da bolsa a presentación, antes do 30 de novembro do 2006 e en igual día dos anos seguintes, dunha Memoria de Actividades na que se contemplarán tanto as tarefas de investigación persoal como as derivadas da participación nos traballos e labores especificamente desenvolvidos no Museo.
  4. A valoración negativa da Memoria de Actividades será causa da perda ou extinción da bolsa, previo acordo do Consello Rector.
  5. Finalizados os estudios e prácticas poderá emitirse, a petición de parte, informe sobre os mesmos pola Dirección do Museo.

9.— CLÁUSULA FINAL
A concurrencia á presente convocatoria supón a total aceptación das Bases da mes

Pontevedra, 22 de novembro de 2005
O SECRETARIO DO ORGANISMO AUTÓNOMO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Carlos Cuadrado Romay
A PRESIDENCIA EXECUTIVA
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 29/12/05, número 249, páxina 11, anuncio 2005012020.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/12/2005 13:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/