[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de pontevedra

Contratacións laborais. Proxecto Aquelando

Bases xerais | Instancia | Listas de admitidos
Tribunal e datas 1º exercicio | Cualificacións 1º exercicio
Puntuacións fase concurso | Corrección de erros fase concurso

Bases xerais

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte Resolución:

De conformidade co establecido no artigo 34. g) da Lei 7/85, do dous de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de diverso persoal con cargo ó proxecto Aquelando, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral por obra ou servizo determinado do persoal que a continuación se relaciona con cargo ó Proxecto Aquelando, financiado polo Fondo Social Europeo co fin de poñer en marcha nas instalacións da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” un centro de formación e asesoramento destinado a servizos de atención ás persoas, desempregados da provincia de Pontevedra, prioritariamente mulleres e emigrantes retornados, minorías étnicas e colectivos con outros factores de exclusión social:


Estas contratacións formalizaranse de conformidade co disposto no art. 35 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, art. 103 da Lei 7/85, do 2 de abril, art. 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, e art. 15 do estatuto dos traballadores e demais normas de concordante e pertinente aplicación.

2.— SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concurso oposición. Na fase de concurso valoraranse os méritos achegados polos interesados conforme o baremo establecido nas bases específicas de cada unha delas.

A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 45% da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposición e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se computarán cando estes se valoren.

A fase de oposición consistirá en probas de coñecementos específicos teóricos e prácticos relacionados co contido dos postos de traballo a desempeñar.

Os exercicios correspondentes a cada proceso selectivo determínanse e descríbense nas bases específicas.

3.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Con carácter xeral, para poder participar nestes procesos selectivos, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, sen prexuízo do establecido nas respectivas bases específicas para cada un dos postos de traballo convocados:
    1. Ser español.
    2. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade.
    3. Estar en posesión ou en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para acceder o posto de traballo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
    4. Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
    5. Non estar separado do servizo de ningunha administración pública en virtude do expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas.
    6. Ter ingresado na Tesourería da Deputación a cantidade fixada como dereitos de exame.
    7. Cumprir os demais requisitos esixidos nas respectivas bases específicas.

  2. Todos os requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservaranos, polo menos, ata a data da formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado.

4.— SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto de traballo ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente compulsados.
    Para ser admitido nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que expire o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I desta convocatoria.
  2. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.

5.— DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nestes procesos selectivos aboar os seguintes dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida a Deputación Provincial; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial, o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo:

  • Postos de traballo de licenciado: 35 €.
  • Postos de traballo de diplomado universitario: 30 €.
  • Postos de traballo de auxiliar administrativo: 25 €.

En ningún caso a mera presentación ou pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

6.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Finalizado o prazo dez días naturais fixado para presentar as solicitudes, o presidente ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen o proceso selectivo.

7.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. Os membros dos tribunais cualificadores serán designados polo presidente da Deputación Provincial segundo o disposto no Real decreto 364/95, de 10 de marzo.
  2. Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte:
    • Presidente:
      O presidente da Deputación Provincial ou deputado provincial en quen delegue.
    • Secretario:
      O secretario xeral da Corporación ou o funcionario técnico en quen delegue.
    • Vogais:
      Un deputado provincial, o responsable do proxecto e un representante sindical.
  3. Os vogais deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para acceder ós postos de traballo convocados e terán voz e voto.
  4. Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
  5. Publicarase no taboleiro de anuncios da Deputación, xunto coa lista de admitidos, a resolución presidencial pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
  6. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
  7. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes.
  8. A partir da sesión de constitución cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
  9. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o membro designado en primeira orde.
  10. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

8.— COMEZO DOS EXERCICIOS E VALORACIÓN DA FASE DE CONCURSO

  1. A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas e, no seu caso, para comprobar e cualificar os méritos alegados, serán determinadas polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 10 días naturais de antelación.
  2. Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
  3. A valoración e cualificación dos méritos achegados polos interesados efectuaranse tras a celebración do primeiro exercicio da fase oposición e deberán publicarse no taboleiro de anuncios do pazo provincial antes de que teña lugar o segundo exercicio.
  4. Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

9.— DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS

  1. En calquera momento o tribunal poderá requirir ós aspirantes para que acrediten a súa identidade.
  2. A orde de actuación naqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea será determinada mediante sorteo polo tribunal en presenza dos aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o primeiro exercicio das probas.
  3. Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
  4. Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñerlle ó presidente a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.
  5. Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  6. Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que comece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas e un máximo de 45 días naturais.
  7. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.

10.— CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  1. Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre 0,00 (cero) e 10,00 (dez) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de 5,00 (cinco) puntos. No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias do posto de traballo convocado.
  2. A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
  3. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

11.— CONTRATACIÓN
Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación Provincial formalizará o preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado cos aspirantes aprobados ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, do 18 de decembro.

As condicións laborais deste persoal rexeranse polo disposto no Estatuto dos traballadores.

12.— PERÍODO DE PROBA
Establécese un período de proba de seis meses para os técnicos titulados e de dous meses para o posto de traballo de auxiliar administrativo/a.

13.— DURACIÓN
O contrato terá efectos dende a data que fixe o presidente na resolución que autorice a contratación e ata o 23 de xullo de 2007.

14.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Deputación Provincial, ós tribunais cualificadores e ós aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

15.— INCIDENCIAS
O tribunal de cada proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

16.— DISPOSICIÓN FINAL
As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2006
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 13/01/06, número 9, páxina 10, anuncio 2006000263.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2006 14:07
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/