[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 25 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Plan Cultural » Plan Cultural 2006
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Plan Cultural 2013
Plan Cultural 2012
Plan Cultural 2011
Plan Cultural 2010
Plan Cultural 2009
Plan Cultural 2008
Plan Cultural 2007
Plan Cultural 2006
Plan Cultural 2005
Plan Cultural 2004
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

Páxina [1] 2
CULTURA 

deputación de pontevedra

Plan Cultural 2006

Bases | Modelos de solicitude do plan | Modelo solicitude actuación
Listado de grupos

Bases

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 20 de xaneiro do ano 2006, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Plan Cultural 2006

Bases

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coa cantidade fixada na partida 06/451.451.226.11 ós grupos da provincia polas actuacións aprobadas e realizadas.

2.— DESTINATARIOS
Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia:

  • Bandas de música
  • Masas corais
  • Grupos folclóricos
  • Grupos de gaitas
  • Roldas
  • Teatro
  • Música clásica
  • Música tradicional
  • Ballet e danza
  • Humor
  • ...

3.— PRAZO DE INCLUSIÓN
Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 17 de febreiro de 2006, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8.

As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo.

4.— SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

5.— RETRIBUCIÓN
Cada actuación retribuirase cos seguintes importes:

GrupoImporte/€
Bandas de música:Grupo A600
Grupo B500
Grupo C450
Masas corais:Grupo A270
Grupo B240
Grupos folclóricos:Grupo A270
Grupo B210
Grupo C170
Música tradicional:Bandas de gaitas240
Grupos de gaitas170
Roldas240
Folk270
Música clásica:Grupo A240
Grupo B210
Orquestras340
Teatro:Grupo A500
Grupo B375
Maxia300
Grupos varios:Ballet e danza240
Humoristas210
Outros....210


6.— PAGAMENTO
O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo.

Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda.

Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento.

7.— OBRIGA
As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

8.— DOCUMENTACIÓN
Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

  1. Fotocopia do CIF da entidade.
  2. Certificación da conta bancaria.
  3. Relación nominal de compoñentes e DNI.

De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou en anos anteriores, e non houbo variación nela.

9.— CLASIFICACIÓN
As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:

  1. BANDAS DE MÚSICA: as que teñan.
    1. un mínimo de 70 membros e unha escola de música.
    2. un mínimo de 50 membros.
    3. un mínimo de 35 membros.

    Ademais da documentación requerida na base 8ª deberán presentar:

    • Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial.
  2. MASAS CORAIS: as que teñan
    1. Un mínimo de 50 membros.
    2. Un mínimo de 30 membros.
  3. GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan
    1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
    2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile.
    3. 16 membros e grupo instrumental propio.

    Ademais da documentación requerida na base 8ª deberán presentar:

    • Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI.
    • Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI.
    • Relación de alumnos da escola de baile.
    • Breve historial da agrupación.
  4. TEATRO
    Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requerida na base 8ª deberán presentar:
    • Programación para desenvolver e custo de montaxe.
    • Breve historial da agrupación.
  5. MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS
    Música clásica:
    1. Grupo A: grupos de cámara.
    2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos.
    3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento).

    Ademais da documentación requerida na base 8ª deberán presentar:

    • Relación de compoñentes co seu DNI.
    • Breve historial da agrupación.

10.— SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS
As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.

11.— PRAZO DE SOLICITUDES
As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración.

Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

12.— SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios:

  • Adecuación da actuación ó interese provincial: 40%.
  • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver: 20%.
  • Número posible de beneficiarios do evento: 20%.
  • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación: 20%.

13.— VIXENCIA
O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2006, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2006
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 27/01/06, número , páxina 8, anuncio 2006000426.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/05/2006 14:45
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/