[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Turismo Rías Baixas

Convocatoria dunha bolsa de traducción e interpretación

Anuncio | Modelo de Solicitude

De conformidade coa proposta do Director de Turismo Rías Baixas e en virtude das facultades que me confire a base 15-2, a) das aprobadas para a execución do orzamento de Turismo Rías Baixas, este convoca unha bolsa de LICENCIADO EN TRADUCCIÓN E INTERPRETACIÓN para realizar tarefas de traducción de textos de páxinas webs, libros e folletos de turismo en Turismo Rías Baixas.

B A S E S

1.— OBXECTO
Esta bolsa ten por obxecto a realización de tarefas de traducción de textos de páxinas webs, libros e folletos de turismo en Turismo Rías Baixas.

2.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reunir as seguintes condicións:

  1. Ser español ou nacional dun país membro da Unión Europea, residente en España no momento da convocatoria desta bolsa, posuíndo plena capacidade de obrar.
  2. Non contar con máis de vintecatro anos no momento da convocatoria.
  3. Ser licenciado ou estar en posesión do LICENCIADO EN TRADUCCIÓN E INTERPRETACIÓN ou en condicións de obtelo cando finalice o prazo de presentación de instancias. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos, ou deberase xustificar documentalmente que está en trámite esa validación ou recoñecemento de solicitar a bolsa.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
  6. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  7. O bolseiro, en caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro seguro privado deberá suscribir unha póliza de seguro de asistencia médica.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 850,00 € brutos /mes, que se imputará á partida 06/875-751-481.01 do orzamento de Turismo Rías Baixas.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixíndose ó Presidente de Turismo Rías Baxas no rexistro deste (Pza. Sta. María s/n. Pontevedra) e nos rexistros e lugares a que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC e cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma norma, no prazo de 15 días naturais dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia. Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do LICENCIADO EN TRADUCCIÓN E INTERPRETACIÓN, ou en condicións de obtelo cando remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Acreditación de cursos ou ciclos de especialización.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa.
  6. Tarxeta da Seguridad Social ou Seguro Médico

5.— COMISIÓN SELECCIONADORA
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • O presidente de Turismo Rías Baixas, ou membro en quen delegue.
  • Vocais: O interventor e o Director de Turismo Rías Baixas.
  • Secretario: o de Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira en quen delegue.

Tódolos membros terán voz e voto.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de seis puntos.
  2. Outros méritos, ata un máximo de dous puntos.
    1. Por ter realizado ciclos de especialización relacionado coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de dous puntos.
  3. Coñecemento de idiomas, ata un máximo de dous puntos.
    1. Por cada curso de idiomas impartido en centros ou colexios oficiais, de 120 horas de duración como mínimo, 0,20 puntos, ata un máximo de 2 puntos.
  4. As tres primeiras notas pasarán unha entrevista persoal, que se valorará ata un máximo de cinco puntos.

A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorra un mes, contados a partir da publicación da convocatoria. Transcorrido este prazo, entenderanse desetimadas as peticións presentadas.

7.— RESOLUCIÓN
O presidente de Turismo Rías Baixas, á vista da proposta da comisión seleccionadora, adxudicará a bolsa ó aspirante que obteña maior puntuación no proceso de selección. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial.

8.— OBRIGAS DE TURISMO RÍAS BAIXAS

  1. Pagamento mensual da bolsa pola cantidade bruta de 850,00 euros.
  2. Suscrición dunha póliza de seguro de accidentes.
  3. Facilitación dos medios necesarios para que o bolseiro desempeñe as súas realizar tarefas de traducción de textos de páxinas webs, libros e folletos de turismo.

9.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración ata o 31 de decembro de 2006.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina de Turismo Rías Baixas co fin de promocionar o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e beneficiarse desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial con Turismo Rías Baixas, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa.
  6. Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
  7. Desenvolver a actividade obxecto da colaboración cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a dirección.
  8. Presentar ante Turismo Rías Baixas, no prazo dun mes a partir da finalización dos traballos de colaboración, un informe final explicativo do labor realizado.
  9. Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, estarán suxeitos ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da Lei xeral de subvencións. Así mesmo, estarán os bolseiros obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida pola administración.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
As dúbidas que puideran xurdir durante a fase do concurso e da vixencia da bolsa serán resoltas polo Consello Reitor, previos informes do secretario e do interventor.

12.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais ó previsto na Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 1 de Xaneiro de 2006
O PRESIDENTE

Boletín Oficial da Provincia, data 23/02/06, número 38, páxina 39, anuncio 2006001686.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/02/2006 09:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/