[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases para axudas de arranxo de vivenda con destino a familias con problemática socio-económica. Ano 2006

Anuncio | Anexos

A política de vivenda constitue uns dos principias elementos de unha política de benestar. A Deputación de Pontevedra, sensibilizada cos colectivos mais desfavorecidos, quere contribuir a facer realidade,o dereito de todos os ciudadans a unha vivenda digna, reconocido no artigo 47 da Constitución Española de 1.978, por isto en colaboración cos Concellos da provincia interesados, convoca un ano mais, axudas para acondicionamento de vivendas, con destino a familias con problemática socioeconómica, establecendo as seguintes bases:

BASES DA CONVOCATORIA

1.— FINANZAMENTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 06/313-313-780.01 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 288.000,00 euros, dos cales destinaranse 6.000,00 euros, para situacións específicas de catástrofe ( incendios, inundacións etc. ) que poidan presentarse durante ó ano.

2.— DESTINATARIOS
Poderán solicitar estas axudas, os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases, como entidades colaboradoras, para os seus beneficiarios que reúnan os requisitos establecidos nas mesmas.

Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 222.498 euros, e para os que teñan de 20.000 en diante, 59.502 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes.

Unha vez realizada a totalidade do reparto, e no suposto de que no se esgotase todo orzamento, a Deputación de Pontevedra seguindo ó articulo 109 da Ley de Administración Local de Galicia e ó articulo 22 da Ley 4/93 de Servicios Sociales de Galicia (apoyar prioritariamente a os Concellos de menos capacidad económica) financiará ó cen por cen, as seguintes:

  1. persoas ou unidades familiares pertencentes a Concellos que fixeron unha maior aportación e obtiveran maior puntuación.
  2. Que quedaran en lista de espera por falta de capacidade presupuestaria e non poideran completar a totalidade de a obra por a mesma causa.
  3. Que teñan presentada a documentación esixida para todos os solicitantes.

As solicitudes en lista de espera resolveranse a criterio do técnico/a, en función, os requisitos expostos.

3.— REQUISITOS

  1. Dos Concellos. Os Concellos participantes na presente convocatoria de axudas para arranxo de vivienda con destino a familias con problemática socioeconómica, deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, según os seguintes criterios:

    Concellos/Nº HabitantesAchega inicial máxima
    da Deputación
    Achega Concello
    De menos de 5.000 4.009,80 € 30 % = 1.202,94 €
    De 5.001 a 10.000 4.194,82 € 40 % = 1.677,92 €
    De 10.001 a 20.000 4.490,00 € 50 % = 2.245,00 €
    De 20.001 a 50.000 6.375,20 € 70 % = 4.462,64 €
    De máis de 50.000 7.437,75 € 100 % = 7.437,75 €


    As solicitudes resolveránse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o Presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha mayor achega (sempre será a porcentaje establecida anteriormente sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha mayor puntuación.

  2. Dos beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas familias, que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos:
    1. Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu conxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo a favor dos solicitantes.
    2. Que a vivenda no reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro da instalación eléctrica, auga, servicios higiénicos, fosa séptica, malas condicións da cuberta ou necesidade doutras reformas interiores.
    3. Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes e eliminación de barreras.
    4. Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establece-la como complementaria.
    5. Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases. (apartado 3).
  3. Dos Ingresos da Unidade Familiar. Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2005, descontando gastos derivados de emfermidade crónica, discapacidades que xeneren gastos extraordinarios e gastos derivados de situacións de emerxencia. Si superan este baremo non terá dereito a axuda.

    Nº de miembros
    da familia
    Ingres. netos anuais(Ingr. Netos medios mensuais)
    1 membro ata 7.182 (598,50 euros/mes)
    2 membros ata 8.406 (700,50 euros/mes)
    3 membros ata 9.630 (802,50 euros/mes)
    4 membros ata 10.854 (904,50 euros/mes)
    5 membros ata 12.078 (1.006,50 euros/mes)
    6 membros ata 13.302(1.108,50 euros/mes)
    7 membros ata 14.526 (1.210,50 euros/mes)
    8 membros ata 15.750 (1.312,50 euros/mes)
    9 membros ata 16.974 (1.414,50 euros/mes)

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteseis anos que convivesen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria.

    Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluida a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais.

  4. Valoracións das solicitudes. A tenor do previsto no Artígo 17.3.e da Ley 38/03 Xeral de Subvencións, respecto os criterios de otorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar os Traballadores Sociais de Atención Primaria.

No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan.

4.— TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concurrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción do procedemento ó Servicio de Acción Social e a adjudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  2. Na tramitación de expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento dos requisitos previstos no Artígo 14 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións asi como aportación de unha declaración de no estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario.
  3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, transcurrido o cal, si non se notificou a resolución lexitima os interesados, entenderase desestimada por silencio administrativo, a solicitud de concesión, como aparece recollida no punto 5 do articúlo 25 da Ley Xeral de Subvencións.
  4. Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata ó 5 de Mayo inclusive, os seguintes documentos:
    1. Certificado do Acordo do Organo de Goberno Competente, facendo constar expresamente:
      1. A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposta a aportar.
      2. Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando a contía total da axuda e os conceptos.
    2. Proxecto económico segundo Anexo 1.
    3. Fotocopia da solicitude.
    4. Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda.
    5. Presuposto das obras.
    6. Estadillo 1
    7. Estadillo 2. ( en caso de que houbese lista de espera , ó persoas pendentes de completar as obras, por falta de capacidade presupuestaria.
  5. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumplimenta-lo expediente.
  6. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

5.— PUBLICIDADE
En toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

6.— PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN
Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende a súa finalización e como máximo ata o 15 de decembro, nos términos do Artigo 30 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións o cumprimento das condicións impartidas e a consecución dos obxetivos previstos noobxeto da concesión da subvención, cos seguintes documentos:

  1. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas e demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra).
  2. Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras
  3. No caso de percibir outras axudas axudas para a mesma finalidade, deberan aportar unha declaración responsable de que os ingresos e recursos alleos obtidos, non superan o custo da finalidade subvencionada.

Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se establezca a garantía de constituirse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantados.

Para o pago da subvención teranse en conta o seguinte:

  1. No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
  2. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello.

7.— REINTEGRO
No caso de imcumprir as presentes bases, ó beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

8.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse as actuacións de control financiero que efectúe a Deputación Provincial.

9.—
En todo o non previsto nestas bases reguladas, será de aplicación a lei 38/2003 de 7 de novembro Xeral de Subvencións.

10.—
O órgano competente para aprobación das Bases reguladoras destas subvencións é a Xunta de Goberno o abeiro das Bases 16.2 é 25.15 de Execución do presuposto 2006.

Asemade en conformidade co ártigo 18 da Lei Xeral de Subvencións (38/2003 de 17 de Novenbro) farase publica no BOP a relación das subvencións concedidas.



Boletín Oficial da Provincia, data 02/03/06, número 43, páxina 17, anuncio 2006001880.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/04/2006 11:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/