[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Plan Deportes 2008
Subvencións
Asociacións e clubs deportivos
Clubs e deporte base
Arreglo e mellora de campos deportivos
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta

DEPORTES 

deputación de pontevedra

Bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para 2006

Bases | Modelo de Solicitude | Modelo certificado e declaración
Modelo certificado federación

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2006, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para 2006

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes:

1.— FINALIDADE E OBXECTO
Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación.

Estas axudas financiaranse con cargo á partida 06/451.452.489.20 do orzamento da Deputación para 2006, cunha dotación de un millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €).

2.— SOLICITANTES
Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos:

  • 2.1. Carecer de fins de lucro.
  • 2.2. Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • 2.3. A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
  • 2.4. Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
  • 2.5. Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

3.— CONDICIÓNS
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os clubs deportivos federados subvencionados con máis de 30.000,00 euros, a través desta orde, deberán cumprir coas obrigas que se sinalan a continuación:

  • 3.1. Anagrama de Deputación en material gráfico de difusión.
  • 3.2. Anagrama de Deputación en vestimenta deportiva.
  • 3.3. Valados ou pancartas nos recintos deportivos.
  • 3.4. Fondo de Deputación en roldas de prensa.
  • 3.5. Entrega no Servizo de Deportes da Deputación de 20 entradas por partido

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que facilitarán no Rexistro Xeral, na Sección de Deportes ou na páxina Web da Deputación: www.depontevedra.es

Achegarase ademais a seguinte documentación:

  • 4.1. Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF.
  • 4.2. Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante.
  • 4.3. Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.
  • 4.4. Orzamento estimativo de gastos.
  • 4.5. Declaración orixinal do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria.
  • 4.6. Certificado de estar ó corrente coa Seguridade Social.
  • 4.7. Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
  • 4.8. Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega correspondente na que se especifique:
    • 4.8.1.Participación do equipo en competición na temporada 2005-2006.
    • 4.8.2.Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo.
    • 4.8.3.Número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na temporada 2005/2006. Se é o caso, certificación de ter un equipo senior competindo en categoría nacional.
  • 4.9. Os clubs ou entidades deportivas pertencentes ás modalidades de automobilismo e motociclismo deberán presentar unha certificación das súas respectivas federacións galegas, onde especifiquen as características das probas deportivas organizadas ó longo do ano 2006.

As entidades poderán autorizar á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a certificación de estar ó corrente coas obrigas tributarias. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

5.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 20 de abril de 2006.

6.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

  • 4.1. Nivel da competición dos equipos, número de deportistas con licenza actual, participantes e número de equipos participantes na actual temporada: ata 50 puntos.
  • 4.2. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial: ata 50 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes e mais á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna.

Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

7.— PAGAMENTO
Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 8ª-2ºf) de execución de orzamento 2006, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club.

8.— ÓRGANO COMPETENTE
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2006 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.



Boletín Oficial da Provincia, data 09/03/06, número 48, páxina 13, anuncio 2006002060.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/03/2006 14:05
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/