[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 21 DE XANEIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC)

Bases | Modelo de Solicitude

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2006, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
5.13751. Aprobación das Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o exercicio 2006"

A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, a aprobación das Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o exercicio 2006. Ditas Bases son como seguen:

“BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2006

1.—
A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2006. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. Dito programa, por importe de seiscentos mil euros (600.000,00 €), financiarase con cargo ó Orzamento de 2006, partida 911.514.789.07, que poderán incrementarse mediante suplementación de créditos.

2.—
Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes:

  1. A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida.
  2. O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades.

3.—
As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos:

  1. Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar.
  2. Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse.

4.—
Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables.

5.—
Decidida pola agrupación de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, axustándose ó modelo anexo a estas bases. A dita solicitude acompañaranse inexcusablemente os seguintes documentos:

  1. Proxecto ou memoria descritiva e valorada (ou orzamento).
  2. Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada.
  3. Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra.
  4. Acta de constitución da Agrupación Veciñal, no seu caso, e fotocopia do CIF nos casos que dispoñan del.
  5. A conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación ou como mínimo de tres titulares que figuren na Acta de constitución da mesma.

Solicitarán licenza do Concello, sen prexuizo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes, unha vez concedida a subvención pola Diputación.

6.—
O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime deAcción Comunitaria utilizarase exclusivamente na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria.

7.—
A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios:

  1. Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellorar as súas condicións de vida.
  2. Obras que permitan o desenvolvemento das Agrupacións Veciñais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolver os seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades.
  3. Obras que permitan a prestación íntegra e ordeada en todo o territorio provincial dos servizos de competencia municipal que a continuación se citan:
    • 1º .— Abastecemento domiciliario de auga potable.
    • 2º.— Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico.
    • 3º.— Alumeado público.
    • 4º Pavimentación das vías públicas.
    • 5º.— Outras obras de interese para a Agrupación, incluídas nos arts. 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, coa excepción da compra de terreos.
  4. Se coa aplicación das normas antes citadas houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes:
    • 1º.— Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención.
    • 2º.— A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria.
    • 3º.— A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso.
    • 4º.—Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar.

8.—
Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, que por razóns de interés público, social, económico, humanitario ou de urxencia ou emerxencia impiden seguir o procedemento de concorrencia competitiva, que se aboarán unha vez sexa xustificado o importe da obra realizada previa presentación dos seguintes documentos:

  1. Facturas orixinais, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI.
  2. Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comprobar a realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou orzamento ou, no seu caso, memoria valorada.

O aboo da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta.

9.—
A documentación a que se refire a base anterior debe reflexar a realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención se non se solicita antes do 31 de marzo do 2007, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, e que se poida realizar a nova obra no prazo de execución que se establece para as que se acollan a este programa.

10.—
As subvencións para as obras que se acollan a este programa deberanse solicitar dende o momento da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, e estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do ano 2007. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais, debidamente acreditadas polo promotor, e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa execución.

Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo de solicitude sinalado.

O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11.—
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder do seis meses, transcorrido o mesmo, entenderase por desestimada por silenzo administrativo, consonte se recolle no artigo 25.4 e 5 da Lei xeral de subvencións.

RECLAMACIÓNS.—
Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases.”

O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o artigo 206 do ROF.

Pontevedra, 2 de marzo de 2006
O SECRETARIO
Ilegible

Boletín Oficial da Provincia, data 10/03/06, número 49, páxina 36, anuncio 2006002231.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/03/2006 11:47
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/