ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

II Certamen Microteatro da memoria

02 de novembro de 2021
Microteatro II

O Departamento de Memoria Histórica asinou coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) un convenio de colaboración para festexar a segunda edición do Certame de Microteatro da Memoria e consolidar o premio dentro das actividades provinciais.

Coa iniciativa preténdese abordar a memoria histórica a través dun formato non habitual que achegue ás mozas e mozos o acontecido durante os anos da ditadura e a represión cunha perspectiva de país, de xénero e de clase.

O prazo para a presentación de traballos finaliza ás 24 horas do vindeiro 30 de novembro.

A peza gañadora terá un premio económico de 500 euros e será seleccionada por un xurado conformado pola xefa ou xefe do Servizo de Dinamización da Lingua Galega da ESADg ou persoa en que delegue, unha persoa docente da ESADg e unha designada pola Deputación de Pontevedra.