ATOPO
Registros actuales: 1.333.525
Objetos digitales disponibles: 490.488

COLECCIÓN DOCUMENTAL GASPAR MASSÓ

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038 ADPO.5.

  • Título COLECCIÓN DOCUMENTAL GASPAR MASSÓ

  • Data(s) 1535-1982 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 17 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Gaspar Massó García(1893-1991) Os Massó é unha das moitas familias catalanas que se trasladaron a Galicia nos albores da industrialización para aproveitar basicamente os recursos pesqueiros. Asentáronse en Bueu e puxeron en marcha varias industrias espalladas polo Morrazo nos concellos de Cangas, Bueu e Vigo. Gaspar Massó (1893-1991), historiador e polígrafo, industrial conserveiro, publicista e escritor, foi autor de libros como Pedro Madruga, caudillo feudal, do que se inclúen neste fondo algunhas ilustracións. Enriqueceu así mesmo o Diccionario da Real Academia Española, da que foi membro, con abundantes achegas técnicas. Foi deputado provincial na época de Daniel de la Sota, colaborando na fundación do Museo Provincial e o establecemento da Misión Biolóxica.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O propio Gaspar Massó entregou este legado ao arquiveiro da Deputación de Pontevedra en 1986. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia".

  • Forma do ingreso Doazón

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación reuniuna o doante para os seus estudios sobre Pedro Madruga e a familia Sotomayor, relacionada coa familia Caamaño, que asume o Condado de Maceda. O seu maior interese e achega de xenealoxías.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde o século XVI hasta o século XIX.

  • Novos ingresos Non se contemplan novos ingresos por ser un fondo pechado.

  • Organizació

    O feito de ser unha colección documental conleva unha descrición pormenorizada dos documentos sen organización específica.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 17 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 293 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Museo de Pontevedra: Arquivo Vega de Armijo Museo Massó de Bueu Arquivo da Deputación de Pontevedra: Fondo especial nº 1 Arquivo Caamaño Arquivo do Reino de Galicia

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gaspar Massó García (Tema) (Creador)

Área de control da descrición