ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

CONCELLO DO ROSAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.

  • Título CONCELLO DO ROSAL

  • Data(s) 1847-2017 (Creación) 0191-05-07 - 2019-02-19 (Produción)

  • Volume e soporte 3.598 unidades de instalación con 28.158 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal

  • Historia arquivística A casa do concello foi construída no ano 1781 por un emigrante brasileiro retornado, ocupando na actualidade a totalidade da edificación coa adquisición da metade levada a cabo recentemente. É un edificio en pedra, distribuída en baixo, planta e con aproveitamento baixo cuberta. Dispón dunha fermosa fachada porticada na súa planta baixa con balconada corrida en primeira planta, abrindo a edificación a unha ampla praza na que se insire. O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, parcialmente abufardado, con acceso directo dende as oficinas mediante escaleira metálica de caracol. Un amplo local de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións, cunha superficie útil de cento trinta e catro metros cadrados, con espacio laterais para o almacenamento de materiais diversos. Conta o local con ventilación e iluminación natural, dotado de illamento térmico e condicións de habitabilidade e equipamentos que garanten o axeitado cumprimento das súas funcións de conservación e servicio documental. Neste local instaláronse, tal e como reflicte o plano, douscentos corenta metros lineais de estantería metálica, suficientes para a documentación actual e as sucesivas incorporacións; conta con mesa de traballo e consulta, ficheiro metálico e equipo informático de uso exclusivo, así como aparato deshumidificador. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1992, 1997, 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012, 2014 e 2017. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Joaquín Suárez Vicente Mónica Amigo Suárez José Luis Castro Carpintero Carina Fernández Faya Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Margarita Veiga Villaverde Roberto Rodríguez Álvarez Julio Rafael Pereira Bernárdez Alberto Aramburu García-Pintos Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez Carla Muñoz López Diego González Gómez Salustiano Ferreirós Muinelo Gabriel González Díaz Daniel Uxío Reinoso Maset Rubén Suárez Iglesias David Vale Díaz

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A pesar das constatadas perdas documentais consérvase un notable volume, hoxe en día en perfectas condicións, destacando especialmente a sección de Facenda e aqueles que fan referencia ó control urbanístico. Reseñar a práctica conservación total das actas do Pleno, Comisión Municipal Permanente e de Goberno, e as da Xunta Municipal de Asociados do presente século, fontes importantes de información.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicació

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.386 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 18.545 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal do Rosal exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)

Área de control da descrición