ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.6.

  • Título XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS

  • Data(s) 1945-1965 (Creación)

  • Volume e soporte 99 unidades de instalación con 2.292 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Xunta de Axuda a Municipios(1945-1965) Depende organicamente da Dirección General de Regiones Devastadas do Ministerio de Gobernación. Presidida polo gobernador civil e tendo representación doutros moitos organismos, como a Deputación, o Movemento Nacional, a Delegación de Hacienda, e delegacións de diversos ministerios. Nace para posibilitar a realización de obras e proxectos nos pequenos concellos da provincia. Descoñécese a data exacta da súa desaparición como xunta independente dentro da Obra Social del Movimiento. O seu labor foi asumido polo Servizo de Cooperación da Deputación.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Pola súa finalidade de apoio ós concellos, identifícase co que será o Servizo de Cooperación da Deputación e, incluso, coincidiu varios anos con él. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.

  • Forma do ingreso Por transferencia desde o servizo de Cooperación da Deputación que levaba a tramitación administrativa desta Junta.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Información relativa ás obras realizadas nos diversos concellos; pero o máis interesante deste fondo son as fotografías conservadas nos expedientes, que nos deixan constancia de pontes, lavadoiros, fontes, casas dos concellos, camiños e centros rurais de hixiene. A práctica totalidade das fotografias existentes nesta documentación foron dixitalizads e incorporadas ao fondos fondos audiovisuais do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, así como moitos orixinais naqueles casos nos que existían varios da mesma fotografía, coa premisa de que o expediente en papel sempre conta cun orixinal alo menos

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organismo, e para o estudo da realidade social desta época histórica, especialmente no que se refire aos pequenos municipios.

  • Novos ingresos Fondo pechado.

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fondo:
    
    1.- XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS:
    
    1.1.- Expedientes administrativos (1945-1965).
    1.2.- Expedientes de obras por concellos (1948-1965).
    
    2.- DIRECCIÓN XERAL DE REXIÓNS DEVASTADAS:
    
     2.1.- Expedientes de subvencións (1949-1958).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 2.286 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás aquela documentación derivada do proceso de colaboración con outras administracións.

  • Unidades de descrición relacionadas Arquivo Deputación. Documentación do Servizo de Cooperación. No Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, na sección do Ministerio de Gobernación. No Arquivo Histórico Provincial. Nos Arquivos Municipais.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Xunta de Axuda a Municipios (Tema) Dirección Xeral de Rexións Devastadas (Tema) (Creador) (Creador)

Área de control da descrición