ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE BUEU

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AXP.BUE.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE BUEU

  • Data(s) 1838-2002 (Creación) 1838-00-00 - 2001-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 162 unidades de instalación con 1.335 agrupación documental en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Bueu(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Bueu no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Pontevedra, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a creación do partido xudicial de Marín en 1988 ó que pasa a pertencer. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Bueu

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase nun local propio ocupando unha superficie total de 80 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 60 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Manuel Pena Pájaro, José Mario Gómez Penide, Iria Jáuregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1838, criminal dende 1853 e gobernativa dende 1865, ou de eleccións dende 1945. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Bueu, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Bueu

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Bueu (Tema) (Creador)

Área de control da descrición