ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

PAZO TORRE QUINTÁNS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24.

  • Título PAZO TORRE QUINTÁNS

  • Data(s) 1505-1974 (Creación) 1505-00-00 - 1974-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 24 unidades de instalación: 1.051 unidades documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Cesión da actual familia propietaria do Pazo Torre Quintáns de Meis, realizada en dúas datas: no mes de outubro de 2014 e no mes de abril de 2015.

  • Forma do ingreso Depósito

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Información de transmisión da propiedade, administración do patrimonio, foros, vínculos, e outros aspectos da vida económica das áreas do Salnés: Cambados, Meis, Ribadumia, Caldas de Reis, Portas, Vilanova de Arousa... É interesante como se amosa a evolución dos foros pois abarcan unha gran amplitude temporal chegando nos derradeiros anos do XIX a moitos preitos entre propietarios e foreiros a raiz do inicio da liquidación dos mesmos polas leis promulgadas durante a primeira metade do século XX. Inclúe un pergameo de 1517, tres árbores xenealóxicas.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN DO PAZO TORRE QUINTÁNS
    
    1.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL (1505/1974)
    
    1.1- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE (1505/1956)
    
    1.1.1.- Foros (1517/1956)
    1.1.2.- Vendas (1505/1947)
    1.1.3.- Trocos. Permutas (1541/1782)
    1.1.4.- Doazóns e cesións (1554/1834)
    1.1.5.- Arrendamentos (1540/1949)
    1.1.6.- Dotes (1579/1619)
    1.1.7.- Testamentos (1579/1948)
    1.1.8.- Censos (1533/1737)
    1.1.9.- Partillas de bens (1549)
    1.1.10.- Posesións (1531/1885)
    
    1.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE (1537/1974)
    
    1.2.1.- Inventario de bens (1537/1957)
    1.2.2.- Cobros de rendas. Contas (1562/1974)
    1.2.3.- Obras e reparacións (1883/1946)
    1.2.4.- Apeos
    
    2.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL (1650)
    
    2.1.- Beneficios (1650)
    2.2.- Morgados (S/D)
    2.3.- Bulas (S/D)
    
    3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO (1543/1955)
    
    3.1.- Preitos (1543/1955)
    3.2.- Poderes (1573/1946)
    
    4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO (1571/1951)
    
    4.1.- Correspondencia (1580/1951)
    4.2.- Índices documentais (1571)
    4.3.- Certificacións eclesiásticas (1931/1931)
    4.4.- Referencias documentais (1882/1896)
    
    5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN (1822/1950)
    
    5.1.- Asuntos militares (1926)
    5.2.- Publicacións (1822)
    5.3.- Xornais (1949/1950)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 1.086 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñecen.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Meis

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición