ATOPO
Registros actuales: 1.333.566
Objetos digitales disponibles: 490.494

MARQUESES DE LEIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.21.

  • Título MARQUESES DE LEIS

  • Data(s) 1502-2009 (Creación)

  • Volume e soporte 9 unidades de instalación con 279 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Marqueses de Leis(S.XVI-S.XX) Documentación dunha das familias máis destacadas de Pontevedra, propietaria do desaparecido Pazo de Campolongo, así como doutras edificacións significativas da cidade.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística En 2009, Guillermo Oya Iglesias, membro da familia depositou esta documentación no Arquivo da Deputación, coa previsión se seguir aportando outros documentos que puideran aparecer nun futuro. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia

  • Forma do ingreso Depósito.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén información interesante para o coñecemento da historia económica, transmisión de propiedades e administración do patrimonio no ámbito local de Pontevedra maiormente, con referencias a outros lugares da provincia nos que a familia posuía propiedades e cobraba rendas.

  • Valoración, selección e eliminación Non se levou a cabo ningún tipo de expurgo ou selección debido ao seu carácter testimonial e informativo.

  • Novos ingresos Puidéranse dar novos ingresos de atoparse novos documentos.

  • Organizació

    O cadro de clasificación de esta colección documental recolle cinco series:
    
    1.- Documentos xenealóxicos e heráldicos (1513-1981).
    2.- Documentos de carácter patrimonial (1517-2005).
    3.- Documentos de carácter señorial (1608-1939).
    4.- Documentos de carácter xurídico (1502-1836).
    5.- Documentos da oficina da Casa e Arquivo (1712-2009).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 279 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Toda a documentación conservada é orixinal.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 7.619 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas No Arquivo Histórico Provincial de Ourense consérvanse 123 caixas e 39 libros con documentación da mesma familia.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marqueses de Leis (Tema) (Creador)

Área de control da descrición