ATOPO
Registros actuales: 1.332.948
Objetos digitales disponibles: 490.503

Fondos

HOSPICIO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.16.

  • Título HOSPICIO

  • Data(s) 1834-1981 (Creación)

  • Volume e soporte 161 unidades de instalación con 1.650 agrupacións en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Hospicio(1853-1976) Coñécese a existencia de algún intento de posta en marcha desta Institución xa dende 1834, en concreto consérvase un escrito ao Gobernador Civil de D. José Serranito, arrendatario da casa de Campolongo, propiedade do Marqués de Leis, sobre a posibilidade de que se anule dito arrendo para o establecemento dun hospicio. En todo caso, a raíz da crise de subsistencia a que acompañou unha epidemia de cólera que asolou a provincia en 1853, a Deputación ve a necesidade de crear institucións benéficas para axudar a paliar os graves problemas que afectan a grandes colectivos de persoas. Así, no Pleno de 12 de abril de 1853 faise unha chamada ó clero e ás clases podentes para que busquen remedio ante tanta indixencia. Un grupo de mulleres, apoiadas polo xefe político, constitúen a Asociación Benéfica de Señoras, que dispón a creación da Casa Hospicio no mes de outubro. Compartían o establecemento anciáns, nenos, tullidos e dementes, que para acollelos debían de ser pobres de solemnidade e veciños da cidade de Pontevedra. Instálase no convento de Santo Domingo compartindo local co cárcere de mulleres ata 1855. Depende economicamente da caridade pública, recibindo apoio do Goberno Civil e do Arcebispado de Santiago de Compostela. Entre os anos 1878 ata 1903 funciona administrada pola Xunta Superior da Casa Hospicio, composta polo cardeal arcebispo de Santiago, unha comisión de deputados e unha comisión do Concello de Pontevedra, coa novidade de incluírse as Fillas da Caridade, que controlan a administración e o réxime interior. Varios problemas co concello, que abandona a Xunta, por cuestións relativas á banda de música e outras, obrigan ó hospicio a abandonar o local de Santo Domingo. Ata 1885 estaba restrinxido ós nados ou veciños da capital. A partir de 1903 pasa ó convento de xesuítas e comeza a depender economicamente da Deputación. Entre 1930 e 1949 o abandono da Xunta é absoluto. As Fillas da Caridade fan e desfán ó seu aire chegando mesmo a situacións de malos tratos. Co fin de transformar a situación toman a iniciativa o presidente da Audiencia da Xunta de Protección de Menores, e baixo a presidencia do presidente da Deputación celébrase unha Xunta do Padroado do Hospicio que incorpora a figura do administrador xeral. No ano 1953 fúndese nun só centro o Hospicio e a Inclusa para formar o Fogar Provincial, que funcionará ata 1976, data en que se crea a Cidade Infantil Príncipe Felipe.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Derivada da función de beneficencia e asistencial propia das deputacións e pola súa vinculación económica con ela, estes fondos estiveron sempre baixo a custodia do organismo provincial. Esta documentación foi organizada e descrita, baixo a dirección de Miguel Ángel Pereira Figueroa, por Elena Garnelo Mariñas, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Para revisión e descrición detallada deste fondo en 2013 contouse coa colaboración dos bolseiros: Magali Trillo González e José Manuel Fariña Jamardo. No 2018 incorporouse o resto da documentación conservada ata entón nas dependencias do Centro Príncipe Felipe, organizada e descrita por José Ángel Reyes González e Diego Gómez-Aller Andrés.

  • Forma do ingreso Transferencia realizada no momento da inauguración da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e a reorganización levada a cabo, En 2018 transferíuse aquela documentación que aínda quedara na anterior transferencia e conservada no Arquivo do centro "Príncipe Felipe"

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle este fondo a documentación resultante da actividade administrativa do Hospicio e do Fogar Provincial necesaria para o seu funcionamento e devivada asi mesmo das relacións con outros organismos e institucións. Asi mesmo e de forma significativa recolle a documentacións relativa aos internos (hospicianos), destacanco os libros de rexistro e os expedientes persoais de cada un deles, así como diferentes aspectos relacionadas coa súa saúde, educación e diferentes actividades, entre elas a banda de música. Finalmente consérvase a documentación contable do Hospicio e do Fogar Provincial O conxunto documental ten grande interese para o estudo da situación social da provincia.

  • Valoración, selección e eliminación Non se practicou ningún expurgo. Conservación total.

  • Novos ingresos É un fondo pechado.

  • Organizació

    O cadro de clasificación organízase en tres seccións, de acordo coas funcións desempeñadas e a tipoloxía documental.
    
    1. ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Libros de actas
    1.2.- Libro rexistro de entrada de correspondencia
    1.3.- Libro rexistro de saída de correspondencia
    1.4.- Correspondencia
    1.5.- Expedientes de sesións
    1.6.- Expedientes de persoal
    1.7.- Memorias e informes
    1.8.- Expedientes de obras e subministracións
    1.9.- Libro rexistro de partidas de defunción
    
    2.- ACTIVIDADE:
    
    2.1.- Expedientes sanitarios
    2.2.- Expedientes de educación
    2.3.- Expedientes de hospicianos
    2.4.- Libro rexistro de hospicianos
    2.5.- Banda de música do Hospicio
    
    3. CONTABILIDADE:
    
    3.1.- Contabilidade do Hospicio

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Este fondo ten acceso limitado por conter información confidencial polo que se require unha autorización según a lexislación vixente para poder acceder a el.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de consulta.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.650 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais O fondo ten documentación orixinal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Pódese relacionar co fondo da Inclusa e o da Gota de Leche. Tamén coa documentación da 1ª División de Sección de Beneficencia do Fondo Deputación. Existe unha ampla colección fotográfica relacionada coas instalacións, actuacións e actividades do Fogar Provincial depositadas para o seu tratamento e conservación na Sección de Auidiovisuais do Servizo de Patrimonio Documental e Biblográfico da Deputación de Pontevedra .

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Hospicio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición