ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

GOTA DE LEITE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.14.

  • Título GOTA DE LEITE

  • Data(s) 1931-1948 (Creación) 1931-1948 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 8 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Gota de Leite(1931-1938) Este organismo foi creado en agosto de 1931 con cargo ó orzamento da Deputación como anexo á Inclusa, coa que comparte instalacións. O seu obxectivo, de carácter benéfico- sanitario, é a prestación médica e o subministro de leite ós nenos de idade inferior ós catorce meses. O seu funcionamento comeza realmente no ano 1933 e dura ata 1934, data en que se decide a súa supresión polo escaso resultado obtido. Vólvese a abrir dous anos despois e en 1938 faise un convenio de cesión á Falange Española Tradicionalista y de las JONS, sección Auxilio Social, para manter aberta a institución e proporcionarlles leite ata os oito meses. Finalmente a Deputación convoca un concurso para a venda do material. Foi, por tanto, unha institución efémera, creada para evitar o alto risco de mortalidade infantil desta época.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Custodiada polo Arquivo xunto á documentación propia da Inclusa e o Hospicio dende o seu inicio. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo Elena Garnelo Mariñas e César Manuel López Marras. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia"

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Este escaso fondo contén basicamente información sobre a posta en funcionamento da Institución e cuestións de contabilidade.

  • Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para os estudios sobre Pontevedra a nivel sanitario, estatísticos, etc.

  • Novos ingresos É un fondo pechado.

  • Organizació

    No proceso de organización deste pequeno fondo documental creáronse dúas series:
    
    1.- Expedientes da Gota de Leite (1931-1934).
    2.- Contabilidade da Gota de Leite (1932-1937).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 8 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentación orixinal fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 503 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Ten relación co fondo especial nº 15 da Inclusa, e cos fondos propios da Deputación.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gota de Leite (Tema) (Creador)

Área de control da descrición