ATOPO
Registros actuales: 1.335.669
Objetos digitales disponibles: 490.455

CAPELA DO CASTRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.10.

  • Título CAPELA DO CASTRO

  • Data(s) 1659-1834 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 37 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Capela da Nosa Señora do Castro(s.XV-s.XIX) A ermida de Nosa Señora da Asunción do Monte do Castro debeuse levantar nas últimas décadas do século XV, ao rematar as guerras entre o arcebispo de Santiago e Pedro “Madruga”, no espazo onde se localizaba o antigo castelo de Penço. As crónicas contan que finalizadas estas loitas os veciños de Vigo conseguiron que o prelado compostelán ordenase derrubar a torre e cos restos da mesma construír a capela. No preito Tavera-Fonseca (1526) citan as testemuñas a existencia da ermida e a visita diocesana en 1529 reafirma a hipótese cronolóxica. Nos anos 1656-1667, cando se levanta a fortaleza do Castro, a capela quedou inserida dentro do primeiro recinto defensivo pero no século seguinte, no ano 1719, os morteiros ingleses derrubaron por completo a ermida orixinal. Tras iso procedeuse a unha reconstrución. O inventario realizado en 1761 recolle a suntuosidade de algunhas das doazóns que a ermida recibía, como obxectos de prata, unha imaxe da virxe da Concepción en ouro macizo, etcétera. O Concello de Vigo exercía de patrón da capela nestes anos, se ben a orixe do padroádego era descoñecida. A época de maior esplendor foi no século XVIII grazas o labor de Jacinta Valverde, ermitá entre 1720 e 1767, quen conseguiu grandes doazóns e esmolas para así acometer melloras e reparacións. Nos últimos anos do século XVIII e primeiras décadas do XIX a capela sofre repetidas perdas de xoias, ficando ademais case destruída durante a ocupación francesa. O Concello intentará dotar á capela dunha nova vida, máis se extingue o seu emprego nos anos vinte por pasar a servir como almacén de pólvora para a gornición da fortaleza.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística Esta documentación estaba integrada nunha colección facticia denominada “Documentación relixiosa”. Durante o proceso de reorganización dos fondos documentais do Arquivo municipal iniciado en 2020, esta colección foi segregada en dous fondos diferenciados: “Capela do Castro” e “Colexiata de Santa María de Vigo”. O resto da documentación foi reintegrada nas súas respectivas series do fondo municipal.

  • Forma do ingreso Descoñécese, aínda que é posible que a súa acumulación sexa resultado da participación do Concello como patrón da Capela.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo da Capela de Nosa Señora do Castro é un pequeno conxunto documental contido nunha única unidade de instalación, contando 37 rexistros repartidos entre os anos 1659 e 1834. A maioría dos documentos son de carácter económico e contable. A pesar do seu escaso volume resulta de gran importancia para a historia local. O documento máis antigo, datado en 1659, é o nomeamento de Bartolomé del Campo coma ermitán da Capela de Nosa Señora do Castro; pero de maior interese resulta o testamento de Jacinta Lorenza Pereira Valverde, ermitá da Capela de Nosa Señora do Castro, datado en 1761, a través do cal se pode coñecer parte da historia da capela e das súas fundacións, así coma as principais festas celebradas nela e o ritual das mesmas.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningunha expurgación dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado pertencente a unha institución desaparecida.

  • Organizació

    O fondo está organizado en dúas series documentais:
    
    > Expedientes da Capela do Castro (1659-1830)
    > Contabilidade da Capela do Castro (1685-1834)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Instrumentos de descrición Índice - inventario en papel. Catálogo informatizado accesible a través do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias

  • Unidades de descrición relacionadas Dado que o Concello de Vigo era membro do padroádego de varias institucións, pódese encontrar documentación referida ás contas da Capela do Castro nos fondos da Escola de Nenos e do Hospital de Pobres de Vigo, tamén custodiados no Arquivo municipal.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias IGREXA

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo

  • Nome dos puntos de acceso Capela da Nosa Señora do Castro (Tema) Capela da Nosa Señora do Castro (Tema) (Creador) (Creador)

Área de control da descrición