ATOPO
Registros actuales: 1.334.728
Objetos digitales disponibles: 490.461

INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.7.

  • Título INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN

  • Data(s) 1946-1966 (Creación) 1946-00-00 - 1966-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 22 unidades de instalación con 1.220 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Instituto Nacional de Colonización(1939-1966) O Instituto Nacional de Colonización nace por decreto do Ministerio de Agricultura en outubro de 1939 ó suprimirse o Instituto Nacional de Reforma Agraria. A Lei 27 de abril de 1946 amplía as disposicións anteriores, incidindo máis en atopar solucións ós pequenos problemas sociais do campo. Para facer realidade as disposicións de interese local levouse a cabo un convenio entre a Deputación e o Instituto Nacional de Colonización en 1955. Este convenio establece que os proxectos correrán a cargo da Xefatura Agronómica da provincia con persoal designado a proposta da Deputación. Tamén se compromete esta a concederlles préstamos a particulares e institucións delegando na Caixa de Aforros Provincial o exercicio dos dereitos e facultades e o cumprimento das obrigacións derivadas do convenio. No ano 1963 preténdese unha modificación do contrato que é rexeitada; houbo así mesmo outro intento de cambio relacionado coas funcións da Caixa de Aforros como organismo colaborador que tampouco acepta o Instituto. O convenio non foi revogado nin renunciou ningunha das partes pero deixou de funcionar por conxelación dos créditos e outros problemas en 1962. Este organismo tivo como obxectivo axudar ós agricultores e gandeiros con subvencións para regadíos, invernadoiros, galiñeiros, galpóns, silos e outras explotacións do ámbito rural.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística A función que a Deputación realizaba era principalmente administrativa, de tramitación e información, polo que cando a finais de 1962 o Instituto deixou de ser operativo, o xefe da unidade administrativa, Sr. Crespo Alfaya, que era ó mesmo tempo funcionario da Deputación, transferiu este fondo ó arquivo. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.

  • Forma do ingreso Por transferencia.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación de trámite sen maior interese histórico, comprende expedientes de tres clases: subvencións, anticipos e auxilios técnicos para pequenas obras no rural.

  • Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organismo, e para o estudio económico da provincia.

  • Novos ingresos Fondo pechado

  • Organizació

    Cun cadro de clasificación moi sinxelo organízase en catro series documentais ordenadas cronoloxicamente:
    
    INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN:
    
    1.- Expedientes de subvencións (1955-1963).
    2.- Expedientes de anticipos (1950-1966).
    3.- Libro rexistro de saída de correspondencia (1955-1959).
    4.- Lexislación (1946-1956).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.220 rexistros.

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Este fondo compleméntase coa documentación xestada polo Servizo de Agricultura desta Deputación. Arquivo Histórico Provincial: os fondos foron transferidos pola Delegación Provincial de Agricultura. Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares: sección do Ministerio de Agricultura

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Instituto Nacional de Colonización (Tema) (Creador)

Área de control da descrición