ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

FAMILIA DOMÍNGUEZ-SÁNCHEZ

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.17.

  • Título FAMILIA DOMÍNGUEZ-SÁNCHEZ

  • Data(s) 1650-1963 (Creación) 1650-1963 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 182 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Domínguez (Ponteareas)(S.XIX- S.XX) Documentación relacionada cos antepasados da familia Domínguez, con casa matriz na vila de Ponteareas e referencias o seu contorno, especialmente ó antigo concello de Setados.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O anticuario Severo Pardo en 1998 doou este fondo para que se custodiase e tratase adecuadamente A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia"

  • Forma do ingreso Por doazón

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Constitúe un importante fondo documental para poder estudiar a propia familia e a súa xestión patrimonial. A maior parte alude ó aproveitamento económico das propiedades de Vicente Domínguez Vidal, o seu fillo Juan Domínguez Sánchez e o sogro Álvaro Sánchez. Contén tamén documentación relativa ó escribán Antonio Durán de Castro, veciño das Neves.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudo histórico e xenealóxico da idade moderna en Galicia, comarca de Ponteareas e As Neves, ata o século XX.

  • Novos ingresos É un fondo pechado.

  • Organizació

    Esta colección documental organizouse por familias, cunha ordenación cronolóxica dos documentos da cada unha delas. Resultan tres series, a saber:
    
    1.- Documentación da Familia Domínguez (1814-1954)
    2.- Documentación da Familia Sánchez (1650-1931)
    3.- Documentación adxacente (1678-1963)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: regular.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 182 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 1.741 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Pola área de influencia da familia, nos Arquivos Municipais de Ponteareas e As Neves. Arquivo Historico Provincial de Pontevedra. Arquivo Diocesano de Tui.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Domínguez (Ponteareas) (Tema) Familia Sánchez (Ponteareas) (Tema) (Creador) (Creador)

Área de control da descrición