ATOPO
Registros actuales: 1.333.983
Objetos digitales disponibles: 490.496

Fondos

XOSÉ VELO MOSQUERA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.27

  • Título XOSÉ VELO MOSQUERA

  • Data(s) 1921-2021 (Creación) 1921-00-00 - 2021-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 1 soporte USB

Área de contexto

  • Nome do produtor Xosé Velo Mosquera(1916-1972) Xosé Velo Mosquera (Celanova, 21 de abril de 1916 - São Paulo, 31 de xaneiro de 1972). Político galego, partidario da independencia de Galicia. Fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador de Celanova, e de Manuela Mosquera. En 1926 quedou orfo de pai. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios travó amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova, formando parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocidades Galeguistas (FMG). Foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o 24 de abril casa con Jovita Pérez González. Tras a sublevación de 1936 contra o goberno da República, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu do cárcere ao pouco tempo e o 14 de marzo de 1937 tívo que incorporarse ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova e ao pouco tempo marchou á Guinea Española. Retornou tras finalizar a guerra e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino en Celanova. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e debido a que mantiña contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía saíu do cárcere en 1945 e permaneceu durante un ano escondido preto de Celanova. En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo PÍDEA, a policía política portuguesa. Tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara a Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Foi presidente do Fogar Galego (1956) e participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Buenos Aires. Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo desde Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridade. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa á ditadura salazarista exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão e con outros galegos como José Fernández Vázquez (Jorge de Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado desde xaneiro de 1960 e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do buque portugués Santa María entre o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro de 1961, que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da península ibérica. Tras un acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Veo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Estableceuse co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do buque, na cidade de São Paulo. En 1962 creou alí a libraría Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro de 1972 morreu de cancro de pulmón. (https://es.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Velo)

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Forma do ingreso A adquisición por parte da Deputación do arquivo do político e intelectual Xosé Velo Mosquera iníciase cunha proposta de Aser Álvarez González, investigador e documentalista, autor dun amplo número de traballos audiovisuais sobre persoeiros sobranceiros da cultura galega a través da súa produtora Arraianos. Se ofreceu a posibilidade de adquirir o arquivo persoal de Xosé Velo, xestionado desde a súa morte polo seu fillo Víctor, residente en Brasil e nunha situación persoal de saúde extremadamente precaria, o cal supuña a posibilidade real de perda da documentación. A importancia da traxectoria política e cultural de Xosé Velo xustifica a adquisición e tratamento técnico dos fondos e a súa posterior posta a disposición dos investigadores e a cidadanía en xeral, formando parte dun proceso de recuperación e reivindicación da súa figura como destacado galeguista e loitador antifranquista. En outubro de 2019 propúxose a compra do material que parecía máis susceptible de desaparecer. Deste xeito comprouse un lote composto por un sobre con recortes de prensa propiedade de Xosé Velo en relación co asalto ó buque Santa María, un sobre con facsímiles e transcricións de poemas de Xosé Velo e un disco duro con material gráfico, audiovisual e documental dixitalizado, procedente do arquivo persoal de Xosé Velo e facilitado polo seu fillo. Posteriormente, en xaneiro de 2020, dado que se iniciaba o ano cun novo orzamento e había a posibilidade de adquirir outros fondos do mesmo arquivo, decidiuse a compra doutro material, composto por varias carpetas de diversa documentación en papel

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo está constituido por documentos, en diferentes formatos, que son produto da actividade política e cultural de Xosé Velo Mosquera e que se agruparon do seguinte xeito: 1.- Fondos documentais *Poemas: transcricións ou copias de manuscritos de preto de 50 poemas, agrupados temporalmente e escritos entre a década dos 30 e dos 70 , e inéditos cáseque todos, salvo algún publicado na revistas Nós, Cartafol de Poesía e outras revistas de Venezuela e Brasil. *Ensaios e publicacións: libro editado con poesías de Rosalía de Castro e varios textos inéditos: ¡Muera España!, ¡Viva Hespaña! prólogo para a inauguración de Iberia e outro co título A lingua galega e a inauguración de Hespaña - Artigos: copias de varios artigos publicados na prensa de Venezuela (Boletín do Lar Gallego de Caracas¸ Tierra firme) e do Brasil *Correspondencia: cartas de Celso Emilio Ferreiro (1969, 1971 e 1972) dirixidas a Xosé Velo, a última delas póstuma á súa viuva. Todas teñen moito interés xa que Celso Emilio fala abertamente a Velo do que opina sobre a emigración galega en Caracas e as circunstancias que o levaron a escribir a súa obra Viaxe ao país dos ananos, o seu traballo literario en xeral e as súas opinións políticas. Tamén unha carta do xeneral Humberto Delgado sobre as circunstancias previas e posteriores ó secuestro do Santa María. Tamén se loalizancopias dunha gran cantidade de documentos relacionados coa vida e actividade política de Velo: pasaporte, documentos relacionados co DRILL, documentos relacionados co secuestro do buque Santa María, etc. *Recortes de prensa: relacionados principalmente co Santa María *Outros documentos: entre estes, cabe salientar un obituario de Velo publicado na prensa brasileira, unha transcrición dun texto de Urbano Rodrigues titulado Requiem por un revolucionario, unha tese de doutoramento de Paz Noya na que se adica un capítulo á obra poética de Xosé Velo e varias entrevistas e artigos sobre Velo en relación ó secuestro do Santa María.   2.- Fondos audiovisuais *Fotografías: fotos persoais de Xosé Velo en Venezuela e Brasil, de Caracas e relacionadas co "Santa María" *Audiovisuais: - Gravación dun acto organizado pola Asociación Cultural Xosé Velo e a Comisión Organizadora do Centenario de Xosé Velo -Reportaxe dirixido polo xornalista Xavier Montaya -Copia dixital do documental "Pepe Velo, verbas coma lóstregos", dirixido por Xan Leira.

  • Valoración, selección e eliminación Non se ten desenvolto ningún proceso de eliminación

  • Novos ingresos Estáse en trámite de recepción dos orixinais dunha parte da documentación adquierida e poidera aparecer máis documentación, a día de hoxe maiormente depositada en Sao Paulo (Brasil)

  • Organizació

    O fondo está constituido por documentos, en diferentes formatos, que son produto da actividade política e cultural de Velo Mosquera, clasificouse de acordo ao segunte cadro:
    
    1.-Fondos documentais
    
        1.1. Poemas
        1.2. Ensaios
        1.3. Artigos
        1.4. Recortes de prensa
        1.5. Correspondencia
        1.6.  Outros documentos
     
    2.- Fondos audiovisuais
         2.1. Fotografías
        2.2.  Audiovisuais:
    
    A pesares da unidade do fondo, a efectos de tratamento, conservación e difusión, aqueles documentos gráficos e audiovisuais son depositados no oportuno departamento do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Xosé Velo Mosquera (Tema) (Creador)

Área de control da descrición