ATOPO
Registros actuales: 1.334.599
Objetos digitales disponibles: 490.498

Fondos

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1

  • Título CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

  • Data(s) 1441-2024 (Creación)

  • Volume e soporte 18.074 unidades de instalación con 116.876 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

  • Historia arquivística A casa do concello de Vilagarcía de Arousa foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído nos últimos anos do século XIX; unha edificación illada, inicialmente en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que foi complementada cun amplo anexo posterior, que compoñen dous sotos e catro plantas en torno a un espacio central definido pola apertura lumínica. Resérvase ao arquivo municipal un espacio tradicional no baixo cuberta, cunha ampla superficie distribuída en tres salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádeselle a disposición de varios locais nos sotos do concello, dotadas de estantería compactada e que deberán albergar a producción documental prevista nun futuro, toda vez que o local principal se atopa sen capacidade de recibir novas remisións. Conta o local cos equipamentos necesarios para a súa función, con recente dotación de estantería metálica, mobiliario de traballo e consulta, equipos informáticos, deshumidificadores e mobiliario auxiliar para documentos especiais. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo en 1984-1985, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, nos anos 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Jorge Abel Otero Elena Aguete Landín José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Juan Carlos Fontanes Paz Manuel Fuentes Suárez Susana García Mangas Vicente García Romero Manuela González Rey Victoria Hortas Porto Iria Jauregui Carrasco César Manuel López Marras María Jesús Meaños Tubío Mónica Núñez Carro Manuel Pena Pájaro Paz de la Peña Santos Miguel Pereira Figueroa Marcos Pereiras Álvarez Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Ramón Pérez Calvo Rosa Pérez Diz Rafael Pérez Rego Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana María Vallés Castro Rubén Villar Fernández María José Viñuela Fuentes Oscar Rey Muñiz Roberto Sobrado Miguélez Isabel Couso Bravo Carmen Touzón Fernández Daniel Menéndez Rodríguez Na actualidade ocúpase dos procesos técnicos do arquivo Roberto Sobrado Miguélez, funcionario municipal, contando coa colaboración do persoal do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Consérvase unha porcentaxe considerable da documentación producida especialmente nas últimas décadas, correspondendo na súa maior parte ó século XX. Destaca do total do fondo as actas do Concello de Vilagarcía, así como doutros órganos colexiados, Comisión Municipal Permanente, de Goberno ou de Asociados. O maior volume corresponde á documentación presupostaria, dende 1866; a contribución territorial rústica, dende 1866; as obras municipais, dende 1851 e o control das licencias de obras a particulares dende 1871. Son moitas as series onde é notable a perda documental; entre elas destaca a referida ás eleccións, con documentación só dende 1951; ó persoal municipal, dende 1901; especialmente a todo o patrimonio documental dos anexionados concellos de Carril e Vilaxoán.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 16.727 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 107.178 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Vilagarcía de Arousa exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición