ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

INCLUSA PROVINCIAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.15.

  • Título INCLUSA PROVINCIAL

  • Data(s) 1773-1958 (Creación)

  • Volume e soporte 72 unidades de instalación con 3.040 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Inclusa Provincial(1872-1955) A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados da provincia. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha Xunta ou Comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Pola súa vinculación coa Deputación e a súa función benéfica sempre estivo depositada baixo a súa custodia. A documentación foi incorporada ao Arquivo en transferencia irregular, xunto coa do Hospicio logo da creación de “Príncipe Felipe”. Foi organizada e descrita, baixo a dirección de Miguel A. Pereira Figueroa, por Elena Garnelo Mariñas, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Para revisión e descrición detallada deste fondo en 2013 contouse coa colaboración dos bolseiros: Magali Trillo González e José Manuel Fariña Jamardo.

  • Forma do ingreso Transferencia irregular

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Ten un grande interese para o estudio da realidade social da infancia, para a busca de biografías familiares e para o estudio histórico e social da cidade de Pontevedra desde o ultimo tercio do século XIX e primeira metade do XX.

  • Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. É unha documentación de conservación total.

  • Novos ingresos É un fondo pechado.

  • Organizació

    A totalidade do fondo atópase organizado e descrito. O cadro de clasificación comprende tres seccións:
    
    1.- ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Libro de actas da Comisión da Inclusa (1878-1925).
    1.2.- Correspondencia (1872-1955).
    1.3.- Expedientes de patrimonio da Inclusa (1872-1946).
    1.4.- Libro rexistro de saída de documentos da Inclusa (1916-1946).
    1.5.- Libro rexistro de entrada de documentos da Inclusa (1915-1946).
    1.6.- Expedientes de obras (1878-1931).
    1.7.- Expedientes de persoal (1877-1916).
    1.8.- Regulamentos (1878).
    
    2.- ACTIVIDADE:
    
    2.1.- Expedientes de expósitos (1773-1958).
    2.2.- Expedientes de nodrizas (1872-1948).
    2.3.- Expedientes de adopcións (1937-1943).
    2.4.- Libro de rexistro de ingresos na Inclusa (1872-1958).
    2.5.- Libro rexistro de partidas de defunción (1880-1917).
    
    3.- CONTAS:
    
    3.1.- Contas da Inclusa (1880-1917).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Este fondo ten acceso limitado por conter información confidencial, aplicándose a lexislación vixente para poder acceder a él.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de consulta.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 3.040 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Este fondo contén documentos orixinais, descoñecéndose a existencia de outros documentos fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Relacionase coa documentación do Fondo especial nº 16 Hospicio e o nº 14 Gota de Leche, e coa documentación dos fondos propios desta Deputación.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Inclusa Provincial (Tema) (Creador)

Área de control da descrición