ATOPO
Registros actuales: 1.328.828
Objetos digitales disponibles: 490.698

Fondos

CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE TUI

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.2

  • Título CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE TUI

  • Data(s) 1881-1960 (Creación) 1881-00-00 - 1960-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 41 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Cárcere do Partido Xudicial de Tui. Xulgado de Tui(1881-1960) Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación, a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

  • Historia arquivística Este conxunto documental ía a ser destruído e foi recollido por un funcionario municipal, historiador e investigador local, Aquilino Iglesias, hoxe falecido, Foi depositado sen ningún tratamento técnico en dependencias do propio concello e posteriormente trasladado ó arquivo municipal. No recente proceso de reorganización de fondos e de actualización levado a cabo polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental procedeuse á organización e descrición deste fondo, independente do pertencente ó propio concello.

  • Forma do ingreso Por ingreso extraordinario.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación de interese para o coñecemento da realidade carceraria no Partido Xudicial de Tui, con información continuada, especialmente sobre os reclusos, dende 1897 ata 1960 figurando en diversas series documentais, tanto de expedientes (follas histórico-penais de penados, expedientes persoais de reclusos, expedientes procesais de reclusos, pases de penados, mandamentos de prisión y de liberdade e notificacións acordos de prisión e liberdade), coma de rexistros ( libro de entrada e saída de presos, libro rexistro de presos con condena de arresto maior, libro rexistro de presos preventivos).

  • Valoración, selección e eliminación Foi necesario eliminar unha pequena parte do conxunto documental tendo en conta o seu pésimo estado de conservación que impedía a súa utilización e afectaba ó resto da documentación.

  • Novos ingresos Non está previsto recibir novos ingresos neste fondo.

  • Organizació

    Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación,a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais.
    
     Cadro de clasificación
    		1.- ADMINISTRACIÓN
    		1.1. CORRESPONDENCIA
    			1  Correspondencia
    			2  Libro rexistro da correspondencia de saída
    			3 Estatísticas sobre a poboación reclusa
    			4 Libro menor da Sociedade "Antolín Silva"
    		1.2. CONTABILIDADE
    			 1 Formularios de distribución de fondos
    		1.3. PATRIMONIO
    			1 Inventarios de utensilios, mobiliario e outros
    		1.4. PERSOAL
    			1 Libro de servizos do persoal da cárcere
    
    	2.- RÉXIME PENITENCIARIO
    
    	2.1. ORDES DE PRISIÓN E LIBERDADE
    			1  Pases de penados
    			2  Mandamentos de prisión e de liberdade
    			3  Notificacións de acordos de prisión e liberdade
    
    	2.2. CONTROL DE PENADOS
    			1  Expedientes persoais de reclusos
    			2 Expedientes procesais de presos
    		 	3  Follas histórico-penais de penados
    			4 Libro diario de socorros a reclusos
    			5 Libro rexistro de presos preventivos
    			6  Libro de entrada e saída de presos
    			7  Relación de presos e transeúntes
    			8  Libro rexistro de presos con condena de arresto maior

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun mal estado de conservación en boa parte do mesmo, afectado principalmente pola humidade e a suciedade froito do desamparo sufrido ó longo de moitos anos..

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 48 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 196 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñecen

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Cárcere do Partido Xudicial de Tui. Xulgado de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición